Inicio Baixo Miño Tui participa nunha visita de municipios irmandados con Versmold

Tui participa nunha visita de municipios irmandados con Versmold

tui-participa-nunha-visita-de-municipios-irmandados-con-versmoldAcudiron os concelleiros Yolanda Rodríguez, José Ramón Magán e representantes de municipios de Serbia e Polonia

A concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, e o concelleiro de Emprego, José Ramón Magán, participan dende onte e ata o domingo nunha visita a Versmold, en Alemaña, cidade irmandada con Tui. Tamén están presentes representantes de municipios de Serbia e Polonia irmandados tamén coa cidade alemá.

Tras ser recibidos no día de onte polo burgomaestre, Michael Meyer-Hermann, esta mañá os representantes municipais  visitaron a empresa de embutidos Reinert, e asistiron posteriormente a un encontro  no que se estudaron as posibilidades de por en marcha un proxecto de formación en Versmold para mozos, de cara a súa posterior inserción laboral.

Mañá sábado está prevista unha visita guiada á cidade e a distintas instalacións municipais e pola tarde Yolanda Rodríguez e José Ramón Magán participarán na celebración do quinto aniversario de irmandade Versmold-Serbia. Por último o domingo achegaranse ao afamado mercado do espárrago e á reserva natural de Bockhorst.

Tui e Versmold están irmandados dende 2013, estreitándose dende entón as relacións entre as dúas cidades. Nas pasadas festas de San Telmo achegouse ata Tui un grupo de veciños de Versmold.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies