spot_img
InicioBaixo MiñoTui participa na promoción do Legado Sefardí a través da Red de...

Tui participa na promoción do Legado Sefardí a través da Red de Juderías

Tui participa na promoción do Legado Sefardí a través da Red de JuderíasO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou este mércores, 15 de decembro, na 58º Asemblea Xeral da Red de Juderias – Caminos de Sefarad que integra a 21 cidades e da que Tui forma parte dende o ano 2019 en recoñecemento ao seu importante acervo patrimonial vinculado á cultura xudía

Esta Red ten como obxectivo promover proxectos de defensa do patrimonio cultural e o legado sefardí mediante acción culturais, turísticas e académicas así como o intercambio de experiencias nacionais e internacionais que contribúan ao coñecemento e respecto mutuo de pobos, culturas e tradicións.

Nesta asemblea realizouse unha avaliación da memoria de actividades da Red de Juderías – Caminos de Sefarad do ano 2021 e aprobouse o orzamento desta agrupación de municipios para o vindeiro ano 2022 así coma unha definición da estratexia a levar adiante pola Red ata o ano 2025.

Amais a Red de Juderías asinou un convenio con Paradores de Turismo para o desenvolvemento de accións comerciais dirixidas a fortalecer o posicionamento no mercado nacional e internacionais dos destinos e produtos turísticos das 21 cidades integradas na Red de Juderías.

O encontro serviu tamén para formalizar o cambio de presidencia desta asociación que ata agora ostentaba a cidade de León e que ao longo do vindeiro ano ocupara a localidade andaluza de Lucena.

Enrique Cabaleiro mostrou a súa satisfacción polos resultados desta asemblea e polas accións que de cara ao próximo ano está previsto desenvolver ao abeiro da Red de Juderías: presentación das cidades galegas da Red en Fitur, presenza de dúas exposicións en Tui en xaneiro e marzo, promoción do programa RASGO que canaliza a oferta turística… No decurso da asemblea tamén iniciou os contactos para a preparación de cara ao ano 2023 do cuarto centenario da morte do médico e filósofo Francisco Sánchez, efeméride que Tui quere proxectar a través da Red de Juderías.

- Publicidade -spot_img