spot_img
InicioBaixo MiñoTui comeza a redacción do seu Plan Director e Estratéxico de Turismo

Tui comeza a redacción do seu Plan Director e Estratéxico de Turismo

Tui contará no prazo de dous meses cun Plan Director e Estratéxico de Turismo que marcará un cronograma de actuación no período 2019-2022.

Partindo da actual situación, que será analizada durante estas primeiras semanas, realizará unha análise da situación actual co perfil do visitante, a oferta, o mercado e os competidores, redactará un informe DAFO, establecerá os retos e liñas estratéxicas a seguir, e concluirá co deseño de plans de acción e produtos prioritarios.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, xunto a Julio Sánchez, da empresa Valora, adxudicataria da redacción do Plan Director, presentaron este mediodía o incio da redacción deste documento. O acto contou coa presenza do alumnado do módulo de “Promoción turística local e información ao visitante” do obradoiro “Percorre Tui”.

O obxectivo é involucrar ao sector turístico da cidade dende hostalería, restauración, até empresas de turismo activo entre outras. Todas elas serán convocadas a unha mesa de traballo que se realizará en menos dun mes, e tamén se levarán a cabo enquisas on-line para ter así unha imaxe tamén da poboación en xeral sobre o turismo en Tui.

Na presentación deste mediodía o alcalde, Carlos Vázquez Padín, explicou que “entendiamos que era unha tarefa e unha materia pendente deste concello, elaborar un documento, unha folla de ruta, na que traballar sobre un potencial e uns recursos que temos no ámbito do turismo”. Nese senso aludía ao “trío de ases” do Río Miño, o conxunto histórico, e o Parque Natural do Monte Aloia que ten o municipio.

Julio Sánchez  da empresa Valora destacaba a importancia de que calquera destino turístico poida contar cun Plan Director e de Estratéxica Turística.  Destacaba ao tempo a importancia de que a estratexia que se vai plantexar teña a máis ampla colaboración/implicación posible, que sexa un plan codeseñado entre todos.  Apuntaba tamén Julio Sánchez que o obxectivo final é a elaboración dun ou varios produtos turísticos.

REDE DE XUDERÍAS DE ESPAÑA

Padín aproveitou para lembrar que a candidatura de Tui pasou o primeiro filtro para acceder a Rede de Xuderías de España, e que entre febrero e marzo unha comisión da Rede chegará a Tui para coñecer o legado xudio da cidade. ” A mediados de marzo será cando saibamos si ingresamos, o que sería un fito histórico para Tui.”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.