spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación edita dous volumes que recollen a tradición oral en Salceda...

A Deputación edita dous volumes que recollen a tradición oral en Salceda de Caselas

A Deputación edita dous volumes que recollen a tradición oral en Salceda de Caselas

O pasado sábado presentáronse en Salceda da Caselas, os dous volumes que vén de editar a Deputación de Pontevedra cunha exhaustiva compilación da tradición oral deste concello.

‘A tradición oral en Salceda de Caselas’, editado polo Servizo provincial de Patrimonio Documental e Bibliográfico, parte da compilación e coordinación de Xosé Ramón Paz Antón.

O primeiro dos volumes, identificado como ‘Descricións’, compila, segundo explica Xosé Ramón Paz Antón no prólogo, materiais de hemeroteca, entrevistas, arquivos, fotografías e bibliografía, tratando de aproximar cronoloxicamente as prácticas folclóricas que deixaron pouso relevante en Salceda, as biografías dos músicos e danzantes tradicionais e a evolución dos procesos de incorporación, cambio, abandono ou recuperación de certos costumes. Así, fai unha aproximación ao cancioneiro local, aos seráns, ás cornetadas, aos ranchos de Reis, ao Entroido, á danza e á relación da tradición coas bandas de música e a existencia dunha relevante literatura popular non cantada. Este volume inclúe ademais unha fermosa colección de fotografías do Arquivo Municipal da Imaxe de Salceda de Caselas, a máis antiga delas datada en 1921.

O segundo volume, identificado como ‘Catálogo’, é cualificada por Paz Antón como un cancioneiro de coplas populares, romances, cantos de cego, melodías instrumentais de gaita, cantos infantís e outras mostras relacionadas co canto e coa danza. Recolle tamén materiais da literatura popular e recollas que non teñen relación coas melodías, como poden ser xogos, contos, lendas e crenzas, e que corresponden á memoria de ducias de ‘persoas informantes’ e que foron transcritas ou gravadas conformando un patrimonio inmaterial herdado pola comunidade salcedense.

Este segundo volume, inclúe unha detallada relación das ‘persoas informantes’ que realizaron as súas achegas, unha relación de persoas colectoras de información –boa parte alumnado- e os lugares onde realizaron as recollas, así como a relación de vídeos e audios que se inclúen no CD que acompaña a publicación

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.