spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda"Contos contados" na Guarda para conmemorar o Día da Ilustración e o...

“Contos contados” na Guarda para conmemorar o Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao

Contos contados na Guarda para conmemorar o Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao

O pasado sábado día 26 de xaneiro de 2019 a Biblioteca Pública Municipal da Guarda organizou unha nova sesión de «Contos contados» coa que conmemorar o Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao (que se celebra o 30 de xaneiro).

Neste caso a actividade comezou ás 11:30 horas contando cunha gran afluencia de persoas, na súa meirande parte nenos e nenas de curta idade acompañados polos seus pais e familiares.

A actividade consistiu en contar “Cuentos silenciosos”, de Benjamín Lacombe, unha obra ilustrada en tres dimensións que lle da vida e volume a contos tradicionais dun xeito sorprendente, que fixo, sen dúbida, as delicias dos máis cativos e cativas da casa.

A continuación, realizouse un obradoiro que consistiu en decorar un mural con ilustracións adicadas a Castelao e unha pequena sorpresa para levar á casa.

Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda convidase a todos os nenos e nenas da Guarda a participar nas actividades que se organizan ao longo do ano dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.