spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorO Castelo de Soutomaior acolle unha xornada sobre a contribución da moda...

O Castelo de Soutomaior acolle unha xornada sobre a contribución da moda ao feminismo

A moda na época de María Vinyals nunha exposición no Castelo de Soutomaior

Participarán importantes referentes da moda en Galicia como a investigadora Lola Dopico, a deseñadora Charo Froján, a artista Mónica Mura e a comisaria da mostra, Natalia Fraguas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou hoxe en rolda de prensa de que o vindeiro xoves 31 o Castelo de Soutomaior acollerá unha visita guiada á exposición “A moda en detalles” e unha posterior xornada de reflexión sobre a contribución da moda ao feminismo. Neste percorrido, no que se pretenden tender pontes entre a moda do século XXI e a do século XIX, participarán importantes referentes da moda en Galicia como son a directora do Máster en Deseño e Dirección Creativa Lola Dopico, a deseñadora da empresa D-DUE, Charo Froján, a artista e deseñadora gráfica, Mónica Mura e a comisaria da mostra Natalia Fraguas.

Máis polo miúdo, Silva explicou que tras o percorrido guiado á exposición da man de Fraguas, farase unha xornada de reflexión con estas catro mulleres como protagonistas que, “de seguro, nos desvelarán moitas cuestións da moda do século XIX e principios do século XX”. Ademais, a presidenta tamén afirmou que “o que queremos poñer en valor con esta iniciativa é a moda como elemento de expresión cultural e, ao mesmo tempo, a moda feminina de comezos do século XX como elemento democratizador da muller e de ruptura de clichés en torno ao corpo feminino”. Como exemplo, Silva mencionou os códigos de cores de sufraxistas ou a moda de Chanel.

Así mesmo, a presidenta quixo recordar que a exposición “A moda en detalles: Indumentaria e complementos (1870-1925)” é a primeira acción cultural complementaria que se está a desenvolver no castelo no marco das accións previstas para a posta en valor da musealización e potencial histórico e cultural do edificio. Para iso, estanse a levar a cabo iniciativas relacionadas coas personaxes que viviron no castelo. No caso desta mostra, entronca coa época dos Marqueses de Armijo e María Vinyals. “A moda en detalles”, que recolle pezas únicas da historia da moda feminina de finais do XIX e comezos do XX, pódese ver no castelo de Soutomaior ata o vindeiro 24 de febreiro.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.