spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona promociona a Festa da Arribada cun vídeo cargado de retranca histórica

Baiona promociona a Festa da Arribada cun vídeo cargado de retranca histórica

a-festa-da-arribada-consolidase-tamen-pola-sua-capacidade-organizativa

O Concello de Baiona, lanza o spot promocional da Festa da Arribada 2019, cunha visión universal, agrupando a multitude de teorías sobre o descubrimento de América, cunha boa doses de ironía e retranca galega, sen menoscabo de desprezar as distintas teses ao redor do descubrimento.

Só hai unha verdade indiscutible, Baiona foi o único lugar do planeta dende onde se lanzou para o mundo a gran noticia, pois o realmente importante foi “Voltar para Contalo”.

https://youtu.be/B2X9y6cB6R8

Xunto co Spot publicitario, o Concello de Baiona da a coñecer a campaña de imaxe do 526 aniversario da Arribada, na que xa se está a traballar dende fai un mes. As datas de celebración serán o 1, 2 e 3 de marzo, sendo o venres 1, festivo local e o día escollido para conmemorar os actos protocolarios da Festa da Arribada.

- Publicidade -spot_img