Inicio Baixo Miño Tui baliza as praias de Areeiros e O Penedo e coloca carteis...

Tui baliza as praias de Areeiros e O Penedo e coloca carteis informativos coas medidas preventivas da COVID19

Tui baliza as praias de Areeiros e O Penedo e coloca carteis informativos coas medidas preventivas da COVID19O Concello de Tui vén de ser o primeiro concello en balizar a súas praias neste verán. Está xa colocado o balizamento da praia de Areeiros en Guillarei e mañá acometerase o do Penedo en Caldelas, sinalizando deste xeito a  zona de baño.

No acceso ás praias colocáronse carteis informativos coas medidas preventivas da COVID19. Así recoméndase acceder calzado á praia, e no caso de Guillarei tamén ao pantalán. Xa no areeiro deberá gardarse a distancia social que será de 2 metros entre persoas e de 4 metros entre parasois. Amais os grupos non poderán superar as quince persoas. Está permitido o baño e a práctica deportiva a nivel individual.

Estes dous areeiros fluviais contan tamén coa sinalización de praias libres de fume, polo que non se pode fumar nas mesmas. Igualmente nos accesos pódese consultar as analíticas sobre a calidade da auga.

Dentro das medidas preventivas da COVID19 os contedores do lixo estarán situados nos acceso e non no interior da praia coma establece a normativa. Dende o Concello amais optouse por non colocar aseos, coma en temporadas anteriores, ante a imposibilidade de cumprir as normas sanitarias de limpeza e desinfección vixentes neste momento.

Dende o Concello de Tui faise un chamamento á poboación a acudir con responsabilidade á praia respectando todas as indicación establecidas de distanciamento e hixiene ante a situación actual da pandemia pola COVID19.

Con esta actuación aposta pola seguridade e as garantías sanitarias nas dúas praias fluviais tudenses.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies