Inicio O Condado Os castelos de Soutomaior e Sobroso reabren as súas portas

Os castelos de Soutomaior e Sobroso reabren as súas portas

deputacion-e-concello-de-soutomaior-unidos-para-valorizar-o-castelo
Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra ten todo preparado para a reapertura o vindeiro  martes 2 de xuño dos castelos de Soutomaior e Sobroso e do Centro Castro Deza

O castelo de Soutomaior e o seu Xardín de Excelencia Internacional, o castelo de Sobroso e o centro Castro Deza reabrirán as súas portas, ao igual que o fará o Museo de Pontevedra, o martes 2 de xuño. “Farano con todas as garantías e medidas de seguridade, con plans de continxencia específicos, creados para cada un destes recintos, e serán protocolos vivos, para adecuarse ás novas normas que se vaian aprobando”, asegurou Carmela Silva. O obxectivo, tal e como destacou a presidenta, “é converter a todos os nosos equipamentos culturais en espazos seguros”.

a-deputacion-de-pontevedra-reabre-o-castelo-de-sobroso-coincidindo-coa-semana-santa
Castelo de Sobroso

 

En liñas xerais os plans contemplan medidas hixiénicas; recomendacións para persoas visitantes; medidas de prevención; protocolos de actuación concretos para a atención ás persoas visitantes, para reservas e vendas, para servizos turísticos, cesión de espazos, control de accesos e limpeza; e pautas de actuación para as empresas subministradoras, que deberán presentar un plan de medidas hixiénico –sanitarias.

A música e o diabólico - A presenza do demo na música, no Museo de Pontevedra
Museo Pontevedra – Sexto Edificio

Será obrigatorio o emprego de mascarilla en todos os recintos, tanto para o persoal como para as persoas visitantes e, no caso de Soutomaior, ao tratarse dun museo interactivo, serán tamén de obrigado uso as luvas

Tanto nos castelos de Soutomaior e Sobroso como no centro Castro Deza reforzarase a limpeza, ventilación e desinfección; o persoal contará con equipos de protección; haberá controis de temperatura e habilitaranse zonas de espera específicas e medidas de distanciamento social, con marcadores de distancia de seguridade no chan. Será obrigatorio o emprego de mascarilla en todos os recintos, tanto para o persoal como para as persoas visitantes e, no caso de Soutomaior, ao tratarse dun museo interactivo, serán tamén de obrigado uso as luvas. Amais, habilitaranse zonas de atención ao público e venda de entradas (aínda que se recomendará a compra online e o pago con tarxeta) e percorridos e itinerarios establecidos para garantir a seguridade das persoas que os visiten, sempre respectando as capacidades previstas segundo as fases establecidas no Plan para a Transición cara a Nova Normalidade.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies