spot_img
InicioBaixo MiñoTui aproba o crédito de case un millón de euros para a...

Tui aproba o crédito de case un millón de euros para a apertura da rúa Ourense

 Rúa Ourense - TUI na actualidade (Copiar)

Con 15 votos a favor foi aprobado o expediente de crédito con cargo ao remanente de tesourería para as expropiación e execución da obra

 A apertura da rúa Ourense, un proxecto longamente demandado pola cidadanía tudense ao longo dos últimos anos, está máis cerca de ser unha realidade. Cunha ampla maioría da corporación municipal – 15 votos a favor de PSOE, BNG, Alternativa Tudense, Son de Tui, PP, C21 e APTUI, foi aprobado en pleno un expediente de créditos por importe de 984 mil euros, con cargo ao remanente de tesourería para habilitar o crédito para a expropiación dos dous edificios afectados e a execución da obra.

comillasA obra executarase de acordo ao proxecto elaborado en 2011 e se contemplan amais as expropiacións dos dous edificios que serán necesario derrubar

No inicio do debate do punto o alcalde, Enrique Cabaleiro, explicou que se trata dunha obra da máxima prioridade por unha banda polo feito de que o PXOM, aprobado en 2011, establecía 5 anos para desenvolver os chans consolidados e non consolidados, e por outra pola necesidade de reordenar todo o entorno ante a próxima apertura do novo centro de saúde.  A obra executarase de acordo ao proxecto elaborado en 2011 e se contemplan amais as expropiacións dos dous edificios que serán necesario derrubar. Porén os propietarios dos locais comerciais situados nestes inmobles terán que reclamar unha vez se inicie o expediente expropiatorio. Motivo este polo dicía é posible que a contía consignada inicialmente para as expropiacións se incremente de forma notable.

 Infografía rúa Ourense - TUIUnha vez finalizada a apertura deste primeiro tramo da rúa Ourense, abordarase o segundo tramo no vial do viario.

José Manuel Sousa, de Alternativa Popular de Tui, cualificou esta coma unha “obra fundamental para Tui” de aí o seu voto a favor da proposta que dicía “culmina un longo proceso”. Carlos Vázquez Padín, de C21, valorou positivamente que os expedientes que se financien con cargo ao remanente de tesourería se individualicen. Sobre a obra en concreto sinalou que suporá unha “mellorar evidente, ao vertebrar a saída sur coa norte”, ao tempo que lembraba que esta “é unha actuación que practicamente todos levabamos no programa e que é unha demanda cidadá dende hai tempo”.

Dende o Partido Popular, que tamén apoio a proposta, Antonio Fernández Rocha, apuntou que o importante é empezar a executar este proxecto para que poida ter continuidade no futuro, en relación a apertura doutro tramo que enlazaría coa Avenida da Concordia.

Ciudadanos Tudenses abstívose, con voto nominal dos seus concelleiros, tras solicitar que o punto quedara sobre a mesa ao considerar que se debían incluír todas as expropiacións, tamén as dos locais comercias, que se debería executar a apertura da rúa en toda a súa totalidade e non so nun tramo, e tendo en conta as apreciacións realizadas polo interventor no seu informe.

Tras habilitar o crédito necesario para levar a cabo as expropiacións e a execución da obra agora o seguinte paso será iniciar a vía expropiatoria dos dous edificos. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, considera que a apertura da rúa Ourense, un proxecto que dicía é de todos e da sociedade, poderá estar executada a finais deste ano. Unha vez entre en servizo a apertura desta rúa permitirá a reconfiguración de todo o ámbito do centro urbano tudense con cambios de sentido e peonalizacións.

- Publicidade -spot_img