Inicio Reportaxes O cambio climático pon en risco sitios emblemáticos do Patrimonio Mundial

O cambio climático pon en risco sitios emblemáticos do Patrimonio Mundial

o-cambio-climatico-pon-en-risco-sitios-emblematicos-do-patrimonio-mundialO cambio climático está a converterse rapidamente nun dos riscos máis significativos para os sitios do Patrimonio Mundial, segundo o informe ‘Patrimonio mundial e turismo nun clima cambiante’ publicado esta semana pola UNESCO, o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), e a Unión de Científicos Comprometidos (USC).

“Temos que entender, vixiar e abordar mellor en todo o mundo a ameaza do cambio climático sobre os sitios do Patrimonio Mundial”, dixo Mechtild Rössler, directora do Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO.

“Tal e como como destacan as conclusións do informe, alcanzar o obxectivo que marca o Acordo de París de limitar o aumento global da temperatura a un nivel inferior aos graos centígrados é de vital importancia para a protección do o noso patrimonio mundial para as xeracións actuais e futuras”. O novo informe examina 31 sitios culturais e naturais inscritos na Lista do Patrimonio Mundial en 29 países que son vulnerables a fenómenos como o aumento das temperaturas, o derretimiento dos glaciares, a subida do nivel do mar, os fenómenos climáticos extremos, as secas ou o maior risco de incendios.

Nel documéntase o impacto climático en sitios turísticos emblemáticos tales como Venecia, Stonehenge ou as Illas Galápagos e outros sitios do Patrimonio Mundial como a Rexión floral do Cabo, en Sudáfrica; a cidade portuaria de Cartaxena de Indias, en Colombia; e o Parque Nacional de Shiretoko, en Xapón.

“O cambio climático está a afectar a sitios do Patrimonio Mundial en todo o mundo”, dixo Adam Markham, autor principal do informe e subdirector do Programa de Clima e Enerxía da UCS. “Algunhas estatuas da Illa de Pascua están en risco de perderse no mar debido á erosión costeira. En moitos dos arrecifes de coral máis importantes do mundo, incluíndo os das illas de Nova Caledonia no Pacífico Occidental, obsérvase este ano unha decoloración dos corais sen precedentes relacionada co cambio climático. O cambio climático podería chegar mesmo a causar que algúns sitios do Patrimonio Mundial perdan a súa condición”.

Dado que os sitios do Patrimonio Mundial deben ter un “valor universal excepcional”, o informe recomenda que o Comité do Patrimonio Mundial tome en conta o risco de posibles sitios que se degraden polo cambio climático antes de engadilos á Lista.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies