Inicio Pontevedra Vigo dá luz verde a súa integración no transporte metropolitano

Vigo dá luz verde a súa integración no transporte metropolitano

vigo-da-luz-verde-a-sua-integracion-no-tran

O Alcalde de Vigo confía en que a nova Área Metropolitana estea en vigor no próximo mes de outubro, unha vez que o goberno local validou o convenio de transporte metropolitano.

O acordo inclúe un proxecto de colaboración entre Xunta, Concello e VITRASA.

Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación do proxecto de convenio de colaboración entre Xunta, Concello e VITRASA para a integración de Vigo no transporte metropolitano. Deste xeito, explicou o rexedor, queda xa establecido o papel de Vigo no acordo que inclúe unha cláusula guillotina que supedita esta integración de Vigo á luz verde da modificación de Lei da Área Metropolitana, aínda que precisou que “non ten dúbidas” ao respecto da aprobación da nova versión desta lei.

Respecto dos prazos, confiou que a Área estea formalmente constituida en outubro, unha vez que entre en vigor a norma e se nomee aos membros da asamblea metropolitana. A partir dese momento, procederase a incluir a todos os concellos que así o solicitaron e que non forman parte dos catorce iniciais, precisou o rexedor.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies