Inicio Baixo Miño Tui acolle reunión con axentes culturais do Norte de Portugal promovida por...

Tui acolle reunión con axentes culturais do Norte de Portugal promovida por Escena Galega

Tui acolle reunión con axentes culturais do Norte de Portugal promovida por Escena GalegaNeste encontro presentarase o esbozo da proposta dunha Rede de Circulación Transfronteiriza de Espectáculos de Artes Escénicas entre Galicia e o Norte de Portugal.

Tui acolle mañá mércores, 16 de outubro, o encontro de axentes culturais de Galicia e Portugal promovido por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas.

Dende ás 10.30 h na Área Panorámica participarán na reunión técnicos e responsables de Cultura do Concello de Tui e da Direção-Geral de Cultura do Norte, DGCN, e das cámaras municipais de Braga, Maia, Póvoa de Varzim, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Famaliçao, e dos Teatros Municipais de Porto.

Nesta reunión Escena Galega presentará o esbozo da proposta dunha Rede de Circulación Transfronteiriza de Espectáculos de Artes Escénicas entre Galicia e o Norte de Portugal. Un proxecto que xurdiu dos anteriores encontros celebrados en Pontevedra e Viana coa participación de axentes culturais tanto privados como institucionais de Galicia e do Norte de Portugal.

Así no encontro que mañá se vai celebrar en Tui búscase por parte dos promotores dar unha visión clara do proxecto e atopar intereses comúns entre concellos e institucións que permitan establecer parceiros cos que artellar e dar nacemento á proposta. Explorarán amais as posibles vías de financiamento tanto estatais como europeas e determinarán cos parceiros os seguintes pasos a dar para a concretar o proxecto.

Como exemplo darán conta da experiencia de intercambio de artes escénicas que Escena Galega está a desenvolver con Asturias, Cantabria e Pais Vasco baixo o título de  Camiño Escena Norte.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies