Inicio Val Miñor Nigrán O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán recibe a Onofre...

O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán recibe a Onofre Muianga, técnico mozambicano que despide así un mes de intercambio en Galicia

O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán recibe a Onofre Muianga, técnico mozambicano que despide así un mes de intercambio en GaliciaO especialista en finanzas municipais interesouse especialmente na xestión do cobro de impostos, prestando especial atención o ORAL  

O alcalde de Nigrán e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Juan González, xunto a concelleira de Asuntos Sociais, Bibiana Peixoto, recibiron hoxe na alcaldía a Onofre Muianga, técnico da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique que finaliza un mes de  intercambio de coñecementos con persoal de catro concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A través do programa Vacacións con Traballo en Galicia, cofinanciado pola Xunta, o especialista en finanzas municipais estivo cadansúa semana nos concellos de Burela, Cabanas, Outes e Moaña para coñecer a súa experiencia nesta área. O obxectivo da súa visita foi estudar de preto sistemas  que se poidan trasladar a Mozambique, ao tempo que contribuíu a sensibilizar sobre a situación dos países do sur e a visibilizar as potencialidades (realizou diversas charlas en centros educativos destes concellos). “Gustoume especialmente coñecer de preto a existencia e o funcionamento do ORAL como un xeito de externalizar a recadación de impostos dos Concellos, penso que suporía un importante aforro económico para os municipios mozambicanos a existencia dunha entidade similar”, explicoulle a González.

Axuda de emerxencia tras o ciclón

O Fondo Galego ten apoiado en Mozambique unha decena de proxectos que nos últimos anos se veñen intensificando a partir da liña de traballo iniciada coa ANAMM. A última actuación levada a cabo foi a axuda de emerxencia facilitada á vila de Nhamatanda, gravemente afectada polo paso do devastador ciclón Idai. Ademais, os sistemas de abastecemento de auga construídos no municipio de Nhamayábue -para evitar que a veciñanza fose atacada por fauna salvaxe ao collela no río- resultaron prexudicados polas fortes chuvias, polo que se están levando a cabo tarefas de reparación. Doutra banda, vén de rematar o proxecto para previr doenzas, adiccións e embarazos precoces na mocidade empregando como ferramenta o deporte, da man da Fundaçao Encontro. Precisamente, Onofre Muianga entregou ao presidente do Fondo Galego sendos certificados que avalan que a axuda económica aportada polo Fondo foi empregada ao 100% nos proxectos mencionados.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies