O primeiro roteiro en bicicleta farase en dous tramos e ten prevista a súa saída o día 26
As localidades de Gondomar, en Val Miñor, e Gondomar, no distrito do Porto (Portugal) estarán unidos por un roteiro de longo percorrido para poder realizarse en bicicleta, a pé ou dacabalo que se denominará ” Camiño do Irmandamento”.
O propio alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, encabezará o pelotón cicloturista que o próximo día 26 e 27 de outubro cubrirá os 140 km que separan a Vila de Gondomar (Galicia) coa Cámara Municipal de Gondomar (Portugal).
A iniciativa naceu do concello español coa pretensión de que entre os dúos municipios existise un camiño habitual, referente e feito entre irmáns, ben a pé, en bicicleta ou a cabalo, como cordón umbilical que una os dous Gondomares: “O CAMIÑO DO IRMANDAMENTO”.
O punto de partida será A Praza da Paradela, o sábado día 26 deste mes as 09:00 da mañá, para facer a primeira etapa entre Gondomar e a localidade portuguesa de Ofir (85 kilómetros), e rematar o domingo 27 no Gondomar de Portugal (55 kms), onde o grupo será recibido polo Presidende e autoridades da Cámara Municipal de Gondomar.
Comprobada a participación, selado de credencias e o paso polos lugares indicados, rematado o “CAMIÑO DO IRMANDAMENTO”, cada participante recibirá un certificado de ter feito o éxito o mesmo.
Os interesados en sumarse a esta iniciativa, poderán inscribirse na oficiña de turismo do concello de Gondomar ata o próximo día 21 de outubro.



