Inicio Pontevedra 25 centros educativos da provincia de Pontevedra participarán na edición 2019-2020 de...

25 centros educativos da provincia de Pontevedra participarán na edición 2019-2020 de DepoEmprende na Escola, na ESO e na FP

25 centros educativos da provincia de Pontevedra participarán na edición 2019-2020 de DepoEmprende na Escola, na ESO e na FPOs centros, pertencentes a 15 concellos da provincia, traballarán na cultura emprendedora en Primaria, Secundaria e Formación Profesional

A Deputación de Pontevedra vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a lista definitiva dos centros docentes admitidos nos programas DepoEmprende na Escola, na ESO e na FP para este curso 2019/2020. En total serán 25 centros educativos de 15 concellos da provincia os que estenderán a cultura emprendedora en Primaria, Secundaria e Formación Profesional.

Deste xeito, participarán en “DepoEmprende na Escola” dez centros educativos de oito concellos da provincia. En concreto serán o CEE Pontevedra CGA, o CEIP A Xunqueira I e o Colexio Público San Andrés de Xeve de Pontevedra; o CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro de Cambados; o CEIP Número 1 de Tui; o CEIP Barrantes CGA de Tomiño; o CEIP Plurilingüe Antonio Palacios do Porriño; o Centro de Educación Especial Vilagarcía de Arousa; o Colexio Público Covaterreña de Baiona e o Colexio Público Serra de Vincios de Gondomar.

En canto ao programa “DepoEmprende na ESO” este curso participarán 8 centros educativos de oito concellos. Así, serán o IES Illa de Ons de Bueu, o IES A Paralaia de Moaña, o IES Luis Seoane de Pontevedra, o IES de Rodeira en Cangas, o IES Illa de San Simón en Redondela, o IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, o Instituto de Bacharelato Manuel García Ramos da Estrada e o IES Plurilingüe Terra de Turonio de Gondomar.

Xa no que respecta ao programa “DepoEmprende na FP”, ao longo do 2019/2020 participarán dez centros educativos de sete concellos. En concreto, serán o CIFP Manuel Antonio, CPR Daniel Castelao e CPR San Miguel de Vigo; o IES Montecelo e o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra; o IES Indalecio Pérez Tizón de Tui; a Asociación Escola Familiar Agraria A Cancela das Neves; o IES Johan Carballeira de Bueu; o IES Rodeira de Cangas e o IES Terra de Turonio de Gondomar.

Os principais obxectivos destes tres proxectos da institución provincial son fomentar o emprendemento como un dos factores clave nunha economía do coñecemento eliminando as barreiras que dificultan a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos, promover a cultura emprendedora no marco do sistema educativo e impulsar que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, cun traballo desde a práctica. Ao mesmo tempo, DepoEmprende tamén favorece o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise do entorno físico, á creación, á convivencia, ás expresións culturais, ás matemáticas e ciencias e á alfabetización dixital.

“DepoEmprende na Escola” é un proxecto educativo dirixido ao alumnado de educación primaria (5º ou 6º curso) e de educación especial, que, durante o curso escolar, crearán e xestionarán unha cooperativa, na que fabricarán produtos que venderán unha vez ao ano nun mercado ou feira da súa localidade. Pola súa banda, “DepoEmprende na ESO” diríxese a mozos e mozas de 14 a 16 anos (3º e 4º da ESO) que estuden, preferentemente, as materias de Iniciativa Emprendedora e Empresarial, Economía, Ciencias aplicadas á actividade profesional ou similares. Por outra banda, “DepoEmprende na FP” está dirixido fundamentalmente a centros que imparten Formación Profesional de Grao Medio ou Superior.

O curso pasado 2018/2019 participaron no programa “DepoEmprende na Escola, na ESO e na FP” un total de 20 centros educativos pertencentes a 14 concellos da provincia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies