spot_img
InicioBaixo MiñoTui acolle o II Forum Peregrino organizado pola Asociación Iacobus

Tui acolle o II Forum Peregrino organizado pola Asociación Iacobus

Tui acolle o II Forum Peregrino organizado pola Asociación Iacobus O Camiño de Santiago será o protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do II Forum Peregrino na antiga cárcere, na rúa Sanz. Está organizado pola asociación Iacobus en colaboración co Concello de Tui.

O Forum foi presentado esta mañá na casa do concello de Tui polo alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de cultura en funcións, Eduardo Freiría, e Alfonso Ferreiro e Juan José  Sánchez da Asociación Iacobus.

O obxectivo é sentar as bases de cara o Ano Santo e dar a coñecer diferentes camiños de peregrinación a Santiago, así como reunir nun evento aos grandes expertos do Camiño de Santiago.

O sábado, baixo o título “O Camiño Portugués por Tui”, a actividade dará comezo ás 10.00h co acto de apertura a cargo do alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín. Ás 10.30h Rafael Sánchez Bargiela presentará “O Camiño portugués en Tui” e ás 11.30h será a quenda de Enrique Repiso do albergue de Ames que disertará sobre “Un proxecto social no camiño portugués”.  Ás 12.30h Rodrigo Cerqueira falará sobre o Camiño de Santiago a Fátima e ás 13.15h. Luís Ferreira sobre “O peregrino do s. XXI”.

Tui contratará a 22 persoas ao abeiro do Plan de Concellos da Deputación Provincial

O Forum continuará o domingo pola mañá co título “Ollando cara outros camiños” no que falarán doutros camiños de peregrinaxe. A xornada comezará ás 10.30h cun relatorio a cargo da Associação dos Amigos do Caminho de Santiago de Viana do Castelo sobre o Camiño Portugués pola Costa e acto seguido, ás 11.30 sobre o Caminho da Geira de Henrique Malheiro. Ás 12.30h Luís do Freixo e José Antonio de la Riera falarán sobre a Vía Mariana. O peche  II Forum Peregrino correrá a cargo de Ramón Fernández Fernández cunha conferencia titulada “O Camiño, séculos de humor e outras cousas”.

Celebrarase a primeira Misa do Peregrino na Igrexa das Clarisas

Ademáis, na Igrexa das Clarisas celebrarase a Misa Do Peregrino ás 19.00h do sábado, a cargo do director do Seminario de Tui, D. Fernando Cerezo. Esta misa terá lugar dende esta fin de semana todos os sábados.

Tui acolle o II Forum Peregrino organizado pola Asociación Iacobus
Convento das Clarisas

 

Ás 20.00h  do sábado haberá música en vivo con José Ignacio Toquero e Jean Claude Benazet, este último autor de Ultreia.

O concelleiro de Cultura en funcións, Eduardo Freiría e o alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín, agradeceron a asociación Iacobus o seu labor por dar a coñecer o Camiño de Santiago tamén dende unha perspectiva intelectual a través de datos históricos e así pór en valor a importancia do Camiño.

II Forum Peregrino.

Tui acolle o II Forum Peregrino organizado pola Asociación Iacobus
Cárcere na rúa Sanz

Sábado 8: “O Camiño portugués por Tui”

  • 10.00 h Apertura do Forum Peregrino 2019. Intervención do alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín
  • 10.30 h “O Camiño Portugués en Tui” – Rafael Sánchez Bargiela
  • 11:30h  “O Camiño de Fátima:  un camiño de ida e volta” – Rodrigo Cerqueira
  • 12.30h “O peregrino do século XXI” – Luís Ferreira
  • 13.15h “Obra social nun albergue do Camiño Portugués” – Enrique Repiso, albergue de Ames.
  • 18.00 h Pregón a cargo de Alfonso Ferreira da Asociación Iacobus
  • 19.00 h Misa do Peregrino na Igrexa das Clarisas
  • 20.00 h Música en vivo con José Ignacio Toquero e Jean Claude Benazet

Domingo 9: “Ollando cara outros camiños”

  • 10.30 h “O Camiño Portugués da Costa”- Associação dos Amigos do                                    Caminho de Santiago de Viana do Castelo
  • 11.30  h “O Caminho da Geira”  –  Henrique Malheiro
  • 12.30 h “A Vía Mariana” – Luis do Freixo e José Antonio de la Riera
  • 13.00 h “O Camiño, séculos de humor e outras cousas” – Ramón Fernández Fernández
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.