spot_img
InicioBaixo MiñoTui acolle o I Campionato Galego de Slalom Integrador no que participarán...

Tui acolle o I Campionato Galego de Slalom Integrador no que participarán 10 equipos de parellas

Campeonato Slalom Adaptado presentacion (2) (Copiar)

A proba, organizada polo Club Sen Amarras en colaboración coa Federación Galega de Motonáutica e o Concello de Tui, dará comezo as 16:00 horas no entorno do Centro Interfederado

Presentouse na casa do Concello de Tui o I Campionato Galego de Slalom Integrador, organizado polo Club Sen Amarras, en colaboración coa Federación Galega de Motonáutica e co Concello de Tui.

Na presentación estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, a presidenta do Club Sen Amarras, Susana María Costa, os vogais do club Marcos Casaleiro e Pedro González Nunes, o presidente da Federación Galega de Motonáutica, José Fernández e persoal dos Servizos Sociais do Concello de Tui.

O Campionato celebrarase na tarde de mañá sábado, 18 de xuño, comezando ás 16:00 horas no entorno do Centro Interfederado e rematando en aproximadamente 4 horas, sobre ás 20:00 horas, cando está prevista a entrega de premios.  Co obxectivo de fomentar a integración e traballo conxunto, os 10 equipos de dous participantes cada un estarán integrados por persoas con e sen discapacidade empregándose embarcacións adaptadas.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, trasladou, en nome da corporación municipal, o “sincero agradecemento” aos organizadores polo seu traballo na “integración das persoas con mobilidade reducida á practica deportiva”. Enrique Cabaleiro lembrou que o “urbanismo foi desenvolvido de costas ás persoas con mobilidade reducida” e reafirmou o “compromiso” do  Concello de Tui en eliminar as barreiras arquitectónicas existentes.  Laureano Alonso, concelleiro de Deportes, destacou a súa “satisfacción” ante a celebración dunha proba que, nas verbas do alcalde, traducirase nun “éxito de participación e público”.

Susana María Costa, presidenta do Club Sen Amarras, agradeceu a colaboración das institucións e colaboradores privados polo seu apoio para a celebración desta proba.  O vogal, Marcos Casaleiro, destacou así mesmo o “carácter integrador” do campionato no que os participantes compiten “en igualdade de condicións ao valorarse a regularidade sobre a velocidade”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.