spot_img
InicioVal MiñorGondomarEn Gondomar xógase pola igualdade os días 18 e 19 de xuño

En Gondomar xógase pola igualdade os días 18 e 19 de xuño

en-gondomar-xogase-pola-igualdade-os-dias-18-e-19-de-xuno

O Torneo de baloncesto ‘Xogando pola igualdade’ terá lugar este fin de semana, 18 e 19 de xuño, en Gondomar.

O Club de Baloncesto Nigrán, en colaboración co Concello de Gondomar, organiza un torneo de baloncesto  no pavillón municipal baixo o lema “Xogando pola igualdade”.

O obxectivo deste torneo é que os nenos e nenas xoguen e compartan a pelota en prol de visibilizar a igualdade no deporte.

O 18 pola maña, de 10:00h. a 13:00h., terá lugar unha xornada de portas abertas para os colexios de Gondomar e Nigrán. Faranse equipos mixtos para xogar por cursos e categorías, e cada equipo levará o nome dunha muller deportista relevante.  Pola tarde comezará o torneo, de 16:30h. a 18:00h. xogará a categoría “baby”, e de 18:20h. a 20:00h. a categoría benxamín.

O día seguinte, domingo 19, as 11:00h. xogará a categoría alevín, e pola tarde, ás 17:00h. a categoría junior.  O evento contará coa entrega de premios por parte do alcalde de Gondomar,  Paco Ferreira, a concelleira de deportes e algunhas  mulleres destacadas  no mundo do deporte.

NOTA: Nesta iniciativa participan colexios da Área Metropolitana.  De Gondomar o CEIP Chano Piñeiro, o Souto-Donas, o Serra-Vincios e o Neira Vilas.
De Nigrán, o CEIP Humberto Juanes, o Carlos Casares, o Cruz Camos e o CPI Panxón. Por último, de Vigo participará  o colexio Divino Salvador e o Club de Baloncesto Rías Baixas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.