spot_img
InicioBaixo MiñoTui acolle a xornada de promoción do Camiño Portugués dentro do proxecto “Coñece...

Tui acolle a xornada de promoción do Camiño Portugués dentro do proxecto “Coñece os Camiños”

Tui acolle a xornada de promoción do Camiño Portugués dentro do proxecto  “Coñece os Camiños”A aula da Uned, no antigo convento de San Domingos, en Tui acolle este sábado, 6 de marzo, a xornada de promoción do Camiño Portugués dentro do proxecto  “Coñece os Camiños”

Ao longo da xornada, de 11.30  a 17.30 h, celebraranse distintas conferencias e visitas guiadas centradas nesta vía xacobea. A organización correspondente á Orden del Camiño de Santiago, contando coa colaboración do Concello de Tui.

O programa previsto comezará ás 11.30 h coa recepción por parte das autoridade e membros da Orden del Camiño de Santiago. A continuación o historiador e técnico do Concello de Tui, Rafael Sánchez Bargiela, pronunciará a conferencia “O Camiño Portugués en Tui: tradición, historia e patrimonio”.

Ás 12.10 h Rubén Riós, actos e emprendedor creativo pronunciará a conferencia “Camiños de Empatía”. A continuación será a quenda de Bruno de Llano Gómez Ulloa, especialista en Xestión Local de Autonómica de Ecoembes quen falará sobre “O Camiño de Santiago, Camiño Sostible”.

Ás 13 h terá lugar a presentación do proxecto “Alfombristas de Santiago. Un proyecto Mundial” por parte de Miguel Ángel García Correa, presidente de Asociación de Alfombristas.

O programa previsto continuara cunha actuación musical, que dará paso ás visitas guiadas á igrexa de San Domingos, ao conxunto histórico e á catedral de Santa María.

Nesta actividade o aforo está limitado e as persoas interesadas en asistir deberán reservar praza nos correos info@ordendelcaminodesantiago.es ou secretaria@ordendelcaminodesantiago.es.

Tui acolle a xornada de promoción do Camiño Portugués dentro do proxecto  “Coñece os Camiños”

- Publicidade -spot_img