spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAbertas as inscricións para unha xornada de posta en valor do patrimonio...

Abertas as inscricións para unha xornada de posta en valor do patrimonio cultural da Guarda

Praza do reló-A Guarda ConcelloO evento está aberto a toda a cidadanía e terá lugar na tarde do vindeiro 10 de marzo no Concello da Guarda

O vindeiro mércores día 10 de marzo o Concello da Guarda será o escenario para a realización da Xornada para a co-creación de solucións para a posta en valor do patrimonio cultural da Guarda, evento organizado pola Universidade de Vigo.

Esta xornada, que arrancará ás 16:30h da tarde, ten coma obxectivo contribuír a crear novos produtos e servizos que poidan ser comercializados polos profesionais e entidades da zona para dinamizar e atraer novos viaxeiros ao concello.

As inscricións están abertas a través do enderezo electrónico aguarda@gmail.com ou no teléfono 886 212131

A xornada estará dividida en dúas partes, na primeira delas realizarase unha charla con expertos sobre o patrimonio cultural inmaterial da Guarda e boas prácticas no sector e, despois dunha breve pausa, realizaranse mesas de traballo nas que os asistentes poderán traballar no desenvolvemento de novos produtos e servizos turísticos para o territorio.

Todas aquelas persoas, sexan profesionais ou non, e que desexen desenvolver ou participar en proxectos para a creación de novos produtos turísticos, atraer turismo á Guarda, potenciar a nosa cultura ou dar a coñecer o noso patrimonio, teñen unha oportunidade moi especial nesta xornada, na que participarán expertos coma J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo.

Máis información sobre o proxecto en: https://atlanticculturescape.eu/

Abertas as inscricións para unha xornada de posta en valor do patrimonio cultural da Guarda

- Publicidade -spot_img