spot_img
InicioVal MiñorBaionaTriunfo solidario de Denis Incutti e María Lois no Vertiatlón de Baiona

Triunfo solidario de Denis Incutti e María Lois no Vertiatlón de Baiona

Triunfo solidario de Denis Incutti e María Lois no Vertiatlón de BaionaA vila mariñeira de Baiona acolleu este sábado, por cuarto ano consecutivo, a celebración do Vertiatlón Solidario, un tríatlon benéfico organizado co obxectivo de recadar fondos para a Escola de Vela Adaptada para persoas con discapacidade do Monte Real Club de Yates.

Nun día no que a néboa quixo ser a protagonista, máis de 200 atletas chegados de toda Galicia participaron nun reto deportivo de 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira, que o máis rápido puido completar sen cruzar a fronteira da hora.

Triunfo solidario de Denis Incutti e María Lois no Vertiatlón de Baiona59 minutos e 7 segundos foi a gran marca de Denis Incutti, vencedor da cuarta edición do Vertiatlón na categoría absoluta. O deportista, do Club Natación Riveira, cimentou a súa vitoria na proba de carreira, na que logrou sacar unha maior vantaxe aos seus competidores, completando os 5 quilómetros ao redor do Parador Nacional de Baiona en apenas 17 minutos e 36 segundos.

O segundo e terceiro posto foron para Xoel Rodríguez, do Club Tríatlon Mar de Vigo, e Pedro Pablo Bernardez, do Tríatlon Vilagaría Atenas Running, que cruzaron a liña de chegada separados por apenas 5 segundos. Fixérono, ademais, a menos de 30 segundos do gañador, o que demostra a gran calidade dos participantes e a gran rivalidade que se puido ver no tríatlon baionés.

Triunfo solidario de Denis Incutti e María Lois no Vertiatlón de BaionaTodo o máis alto do podio feminino da categoría absoluta subiuse María Lois, do Arcade Inforhouse de Santiago, cunha marca dunha hora, 12 minutos e 9 segundos. Tras recoller o premio recoñeceu que a natación foi a proba que peor se lle deu, pero logrou recuperar o liderado coa bicicleta e nos últimos 500 metros de carreira foi onde sentenciou. Antía Pazos do Club Tríatlon Mar de Vigo e María Casaleiro con licenza dun día pecharon o trío de gañadoras coa prata e o bronce da categoría feminina absoluta.

Os primeiros postos da categoría de veteranos asináronos Pedro Pablo Bernárdez, do Tríatlon Vilagarcía Atenas Running, que finalizou a proba nunha hora e 35 segundos; Xacob Agra, con licenza dun día; e Juan Agrasar, do Motorbike Galaico de Pontevedra.

Na división junior os gañadores foron os mesmos que levaron a vitoria da categoría absoluta: Denis Incutti e María Lois. E as segundas posicións ocupáronas Cibrán Leal, do Motorbike Galaico de Pontevedra; e Marta Rial, do Club Tríatlon Mar de Vigo.

O máis rápido entre os atletas máis novos, agrupados na clase cadete, foi Xoel Rodríguez, do Club Tríatlon Mar de Vigo. Compartiu podio con Xosé Pérez, do Beariz Tríatlon; e Yago Carballo, do Club Tríatlon Mar de Vigo, que se tiveron que conformar coa prata e o bronce respectivamente.

Do Club Tríatlon Mar de Vigo, o que máis premios recompilou nesta cuarta edición do Vertiatlón Solidario de Baiona tamén foi a gañadora da categoría feminina cadete, Antía Pazos, cunha marca dunha hora e 12 minutos.

Vertiatlón Soldario 2018Na entrega de premios celebrada no Monte Real Club de Yates tamén tiveron un recoñecemento especial os máis rápidos entre os atletas locais, e David Giraldez e Sandra Santodomingo recibiron de mans do alcalde de Baiona, Angel Rodal, os premios aos mellores clasificados censados na vila mariñeira.

O rexedor baionés mostrouse moi orgulloso do éxito da competición, que o concello coorganiza desde fai catro anos con Monte Real Club de Yates e grazas ao patrocinio de Verti Seguros. “Trátase –dixo Rodal- dun tríatlon único en España, xa que todas as probas transcorren mirando ao mar, nunha paraxe de indiscutible beleza como é Baiona e, aínda por riba, cun fin solidario”, asegurou.

Nesa mesma idea, de solidariedade entre deportes, incidiu o vicepresidente do Monte Real Club de Yates, Alejandro Retolaza, tras recoller de mans da directora executiva de Verti, Irene García, o cheque coa recadación das inscricións, por valor de 5.513 euros. Un diñeiro que, nesta edición, achegaron as empresas Infinitus Rent e Foxy, permitindo que os máis de 200 atletas competisen de forma totalmente gratuíta.Vertiatlon Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates

“Todo o diñeiro será destinado – dixo Retolaza – á Escola de Vela Adaptada e permitirá que moitas persoas con distintas discapacidades poidan sentirse máis libres, máis capaces e máis integradas na sociedade, podendo navegar en igualdade de condicións e gozando dun mar que, está máis que demostrado, que lles resulta moi beneficioso”.

Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates

Creada no ano 2012 baixo o lema de “Vela para todos”, a Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates ten como principal obxectivo achegar ao mar a persoas con diversidade funcional, para que poidan navegar en igualdade de condicións, en instalacións sen barreiras e a bordo de barcos adaptados. O traballo realizado desde entón fixérona merecedora de varios recoñecementos tanto a nivel nacional como internacional.

Durante a celebración da cuarta edición do Vertiatlón Solidario, o público asistente puido coñecer máis de preto o 4 LL, un novo barco adaptado deseñado polo ferrolán Javier Cela e construído por Rompeolas Boats que permaneceu exposto nas instalacións do Monte Real. É unha nova embarcación que facilita o embarque e navegación de persoas en cadeira de rodas, xa que é completamente accesible e permite realizar as manobras desde a propia cadeira. A cuarta edición do Vertiatlón volve unir vela e tríatlon por unha causa solidaria

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.