spot_img
InicioBaixo MiñoEn Tomiño falouse da importancia da comunicación dixital das empresas do rural

En Tomiño falouse da importancia da comunicación dixital das empresas do rural

En Tomiño falouse da importancia da comunicación dixital das empresas do ruralTomiño acolleu unhas xornadas para falar da importancia na estratexia comercial da comunicación dixital das  do rural , celebradas onte á tarde no Concello de Tomiño, ccontou coa asistencia da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, entre outras autoridades.

No contexto de globalización mundial no que nos atopamos, asegurar a competitividade das empresas pasa por ser visible no mundo 2.0. Así pois, dispor dunha boa estratexia de comunicación e dotala de contido de calidade e creativo, é básico para asegurar o posicionamento e así contribuír a incrementar os beneficios da actividade empresarial. É por isto que acuBam, a Asociación de Cultivos Baixo Miño, en colaboración con ABANCA, VEMARGALICIA, Concello de Tomiño e Deputación de Pontevedra, organizou a Xornada “A importancia da comunicación dixital nas estratexias comerciais das empresas”.

Neste foro se traballaron aspectos tales como:  O valor da comunicación realizada polas persoas: como comunicar de forma efectiva  A Comunicación Dixital en Estratexias Empresariais como factor de diferenciación: “A importancia da presenza online para as empresas

A xornada deu comezo coa benvida da Alcaldesa de Tomiño, Dª Sandra González, quen apoiou de maneira continua ao sector agro da comarca nos últimos anos, e resaltou a importancia do traballo conxunto das empresas asociadas a acuBam e felicitou polo bo facer dende a asociación.

Presidiu a xornada a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Dª Carmela Silva, quen animou ás empresas do sector a adentrarse no mundo dixital e suliñou a importancia de que deben posicionarse sen medo nos medios online.

Presidiu a xornada a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Dª Carmela Silva, quen animou ás empresas do sector a adentrarse no mundo dixital e suliñou a importancia de que deben posicionarse sen medo nos medios online. Asimesmo salientou e felicitou ás empresas que forman acuBam, pola colaboración que realizan de xeito conxunto, acadando deste xeito maiores resultados para o sector.
Contouse tamén coa presenza doutras autoridades coma a Alcaldesa do Rosal Dª Mª Carmen Alonso, así como doutras administracións coma o IGAPE ou ADETO.

Dende a Xunta Directiva de acuBam levouse a cabo a presentación da nova web (http://acubam.org/), explicando as principais melloras da plataforma e facilidades para os asociados en relación ao acceso da documentación e información relevante para o sector. Ademais, esta nova plataforma permite acceder ás páxinas webs individuais de cada empresa asociada, mellorando o posicionamento tanto da web da asociación como a dos seus asociados.

Chío Infante, CMO en Venditos-Axencia Creativa, ofreceu unha sesión práctica na que trasladou as chaves para usar a creatividade como factor diferencial nas estratexias de comunicación das empresas.

Ademais, dende a Deputación de Pontevedra se contou coa participación de Esther Garciñuno, asesora TIC do Programa SmartPeme, quen abordou a súa ponencia desde a prisma da era dixital e das ferramentas TIC que están ao alcance das empresas para potenciar a efectividade dos seus procesos de comunicación.

Finalmente, a xornada pechouse cunha mesa redonda aberta a tódolos asistentes, os cales puideron interactuar cos invitados da mesma: Rita Álvarez, da Floristería Las Flores de Rita e Jose Collazo, de Viveiros Río Tollo, empresas ambas ubicadas na Comarca do Baixo Miño, as cales transmitiron a súa experiencia no deseño e posta en marcha dun plan de comunicación dixital, e levaron á sala os beneficios e retornos que execución deste plan está a reportar en termos económicos nas súas empresas.
A xornada pechouse cun viño no Mercado de Tomiño, onde os asistentes puideron compartir opinións nun espazo máis distendido e aberto.

- Publicidade -spot_img