spot_img
InicioVal MiñorGondomarTres rutas de sendeirismo para coñecer Gondomar

Tres rutas de sendeirismo para coñecer Gondomar

Rutas de sendeirismo para coñecer GondomarA concellería de Xuventude do Concello de Gondomar dentro do programa de ocio para este verano pon en marcha os días 3, 4, e 5 de xullo unhas rutas de sendeirismo.

O 3 de xullo levarase a cabo a “Ruta das Ánimas” visitando a Ponte das Ánimas, antigo muíño e coñecendo o entorno da ribeira. O 4 de xullo, “Ruta do Río Miñor” en dirección a Mañufe coñeceremos a paisaxe da ribeira e o seu entorno; e o 5 de xullo “ Tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte” variante do camiño portugués que ven de Vilanova de Cerveira. Este tramo chega ao  Concello de Gondomar a través da  parroquia de Couso, na capela dos Remedios,  pasando polo Pazo do Conde de Gondomar.

O Obradoiro de Emprego Valiemprego III será o encargado de guiar estas rutas para dar a coñecer o patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico, da Vila Condal.  Esta actividade pode realizarse en familia, a partir dos 7 anos.

As rutas darán comezo as 10:00 da mañá, o punto de encontro e recollida será no parque da Coelleira. A recollida dos menores que veñan sen un adulto,  a partir das 12.00h.  Para participar nestas actividades tes que inscribirte presencialmente na OMIX do Concello de Gondomar ou chamar ao 986.369.746, ata completar aforo en cada unha de elas.

Couso, unha paraxe máxica no centro do Val Miñor
Ponte das Ánimas
Antigo muíño en Couso
O Pazo de Gondomar, a fortaleza descoñecida
Pazo de Gondomar
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.