spot_img
InicioPontevedra e ÁreaTres anos despois, as Ruínas de San Domingos volveron abrirse esta mañá...

Tres anos despois, as Ruínas de San Domingos volveron abrirse esta mañá ao público

As Ruínas de San Domingos poderán visitarse de martes a sábado en horario de 10 a 14 e de 17:30 a20:30 horas, e os domingos e festivos de 11 a 14 horas.

As Ruínas de San Domingos volveron abrirse esta mañá ao público, 3 anos de despois de producirse un desprendemento nun dos capiteis do edifico, incidente que obrigara ao seu peche. Con motivo desta reapertura, o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, acompañado polo director do Museo, Carlos Valle, realizou unha visita a este edificio que forma parte do conxunto do Museo de Pontevedra. Durante a visita, Leal manifestou a súa satisfacción por “recuperar un espazo histórico e tan simbólico e por volver a poñelo a disposición da cidadanía”. O deputado lembrou que as Ruínas son “un dos enclaves que máis lle gusta visitar á xente” e sinalou como exemplo as visitas dese mesmo momento –ás 12 da mañá no primeiro día de apertura- como expoñente de dito interese e da súa importancia a nivel cultural e turístico.

Pola súa banda, o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, fixo un repaso polo proceso que implicou o peche das Ruínas de San Domingos e as obras posteriores. Afirmou que tras o desprendemento foi necesario ” primeiro realizar unha análise da situación do edificio, e despois acometer un tipo de obra cun tratamento técnico moi preciso”, así como unha serie de trámites que incluíron os informes da Comisión de Patrimonio e a posterior contratación da obra. As actuacións foron encamiñadas a asegurar a consolidación de todos os elementos do edificio, nomeadamente do rosetón, xa que durante a análise previa á obra se observara que non respondía aos estándares de seguridade necesarios.

O director do Museo aproveitou a súa intervención para lembrar que as Ruínas de San Domingos foron declaradas M0numento Nacional no ano 1895, sendo o primeiro monumento da provincia de Pontevedra en acadar esta declaración. Na historia do propio Museo tamén teñen un lugar destacado, posto que foron a sede da ‘Sociedad Arqueológica de Pontevedra’, que deu inicio ao actual Museo en 1927. Foron, ademais, o primeiro lugar no que se puido visitar a colección de miliarios antes de ser trasladada ao Edificio Sarmiento, tras ser rehabilitado a finais da década de 1970 e comezos de 1980.

Na actualidade, deste edifico, o máis antigo dos seis que conforman o Museo, consérvase unicamente a cabeceira, de cinco ábsidas -excepcional no gótico galego-, xunto con parte do muro sur da igrexa e a entrada ao capítulo do convento, fundado en torno a 1282, aínda que as obras do templo actualmente conservado non se iniciaron ata 1383, continuando ó longo do século XV.

Horario de visitas guiadas

Tanto Xosé Leal como Carlos Valle coincidiron en salientar a importancia de que este enclave histórico sexa de novo visitable, posto que tanto os grupos de turistas como todas as persoas que visitan a cidade de Pontevedra, veñen demostrando un gran interese en poder acceder a este edificio. Neste sentido, aseguraron que se espera que o número de visitantes que se achegan á cidade de Pontevedra, así como aos demais edificios visitables do Museo, se incremente notablemente grazas á reapertura das Ruínas.

As Ruínas de San Domingos poderán visitarse de martes a sábado en horario de 10 a 14 e de 17:30 a 20:30 horas, e os domingos e festivos de 11 a 14 horas. En canto ás visitas guiadas poderán realizarse todos os días de semana agás os luns, día de peche dos edificios do Museo de Pontevedra. De martes a sábado, estas visitas guiadas comezarán ás 10:30, ás 12:30, ás 17:45 e ás 19 horas. Os domingos e festivos serán ás 12:30 horas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.