spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona clausura o curso de cociña internacional 'O Mundo no Prato'

Baiona clausura o curso de cociña internacional ‘O Mundo no Prato’

DepoRúarte- Baiona-curso-cociña-internacional

Esta mañá, a deputada de Mocidade da Deputación de Pontevedra, Digna Rivas Gómez, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a concelleira de Mocidade do Concello de Baiona, Beatriz González Pérez, clausuraron o curso de cociña internacional ‘O Mundo no Prato’ que forma parte do programa DepoRúarte, no que os alumnos aprenderon coñecementos sobre a elaboración de pratos de diferentes partes do mundo.

O curso tivo unha gran acollida entre o público novo baionés que moi entusiasmado aprenderon leccións culinarias.

O curso tivo unha duración de 25 horas durante as cales os participantes aprenderon de forma dinámica a preparar pratos típicos doutros países, integrados na cociña internacional por exemplo, cuscús, sushi, choli con carne, …

Como acto de clausura, os alumnos elaboraron diferentes viandas que puideron degustar entre eles e demostrar os coñecementos adquiridos.

Entre os alumnos elixirase a un deles para representar ao concello nunha gran final entre representantes dos distintos concellos nos que se está impartindo o citado curso que terá lugar o 8 de outubro. Aquel alumno que se alce co galardón provincial recibirá un importante premio.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.