spot_img
InicioVal MiñorBaionaO CIM de Baiona pon en marcha o servizo de tele-tradución dirixido...

O CIM de Baiona pon en marcha o servizo de tele-tradución dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero

A titular de Igualdade visitou esta mañá o Centro de Información á Muller do Concello de Baiona e acudiu en primeira persoa xunto co alcalde do Municipio, Ángel Rodal, e a concelleira de Igualdade de Baiona, Mª Carmen Paredes, á posta en marcha do servizo coa primeira chamada dunha cidadá romanesa como proba.

comillasSe trata dun servizo gratuíto que busca o acceso das mulleres estranxeiras aos recursos dispoñibles, esencial nos casos de trata de persoas e de violencia de xénero.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, incidiu na especial importancia do servizo de tele-tradución posto en marcha pola Xunta de Galicia no ano 2011, e que presta atención en 51 idiomas a mulleres vítimas de violencia de xénero. Os seis idiomas mais demendados (romanés, chinés, portugués, árabe…), teñen servicio ás 24 horas do día nas propias Casas de Acollida e o resto en horario de 9 da mañá a 6 da tarde tamén cos diferentes CIM repartidos por Galicia.

Pola súa banda, o alcalde de Baiona comentou que: ‘A posta en marcha deste programa de teletraducción mellorará notablemente a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes. No Concello de Baiona hai un total 272 mulleres estranxeiras. Animo a todos as mulleres que o necesiten a utilizar este centro público onde se lles pode axudar de moitas maneiras. Neste centro pódese desde solicitar información até ter asesoramento xurídico e psicolóxico para afrontar problemas. Polo que animo a todas aquelas que o necesiten a que non teñan receo e que veñan utilizar os diversos servizos que proporciona o centro. Cabe lembrar que o Centro de Información á Muller de Baiona é un referente a nivel nacional pois leste mesmo ano foi galardoado co premio ás boas prácticas contra a violencia de xénero que outorga o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) polo seu labor de sensibilización’.

A Tele-tradución dá apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia. Entre as súas principais vantaxes atópase reducir a tensión producida pola barreira idiomática e facilitar unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por violencia de xénero.

comillasEste servizo de tele-tradución está dispoñible en 57 Centros de Información á Muller (CIMs), 11 ONGs, nas casas de acollida da Coruña, Lugo, Ourense, Culleredo e Ferrol, así como no Centro de Emerxencias de Vigo e no Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren violencia de xénero (CRI).

O servizo é ofrecido sen custo algún por Igualdade, co fin de mellorar a atención e o acceso das mulleres inmigrantes aos recursos dispoñibles, un factor determinante nos casos de trata de persoas e de violencia de xénero.

A través da plataforma de tele-tradución, a Secretaría Xeral da Igualdade quere dar resposta ás noticias características poboacionais derivadas da inmigración, asegurando que estas mulleres teñan un acceso acomodado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico.

O sistema permite ás usuarias comunicarse telefonicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atopen, ben sexa un CIM, unha casa de acollida, o CRI ou calquera entidade adherida, así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.

 

INFORMACIÓN CIM BAIONA

Estadísticas por áreas do CIM dende o 1/01/2016 ata o 31/07/2016.

Poboación estranxeira empadroada no municipio considerando a variable sexo e país de orixe.

Asesoramiento xurídico146
Atención Psicolóxica104
Atención víctimas violencia de Xénero85
Orientación Emprego12
Información de cursos xornadas e actividades3
Información de recursos41
Outra información110
Total 501

Os datos utilizados proceden do padrón municipal do Concello de Baiona, a data 27 de xullo de 2016.

No Concello de Baiona hai un total de  12.627 persoas empadroadas (6.272 son homes e 6.355 mulleres) das cales 590 proceden de países estranxeiros ( 318  homes e 272 mulleres).

TABOA nº 1. Datos de persoas  empadroadas no municipio procedentes de países estranxeiros , segundo a variable sexo e país de procedencia.

 

PAISESHOMESMULLERESTOTAL
AUSTRIA11
BULGARIA22
DINAMARCA8210
FINLANDIA11
FRANCIA444185
GRECIA11
IRLANDA213
ITALIA211031
PAÍSES BAJOS22
POLONIA11
PORTUGAL11661177
REINO UNIDO331750
ALEMANIA5712
REPUBLICA DEMOCRÁTICA ALEMANA11
RUMANÍA141630
SUIZA617
U.R.S.S., UNIÓN SOVIÉTICA22
REPÚBLICA CHECA22
REPÚBLICA ESLOVACA112
RUSIA22
COSTA DE MARFIL11
GHANA11
MADAGASCAR123
MARRUECOS213
SUDÁFRICA235
SENEGAL22
SEYCHELLES11
CANADÁ44
ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA6410
MÉXICO224
CUBA224
DOMINICA11
EL SALVADOR11
HONDURAS112
NICARAGUA11
PANAMÁ11
REPÚBLICA DOMINICANA134
ARGENTINA71421
BRASIL5914
COLOMBIA7815
CHILE11
ECUADOR22
PARAGUAY44
PERÚ33
URUGUAY152136
VENEZUELA459
CHINA358
FILIPINAS123
TURQUÍA11
AUSTRALIA213
TOTAL 318272590

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.