spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaTrail do Trega. Deporte e a natureza mestúranse un ano máis no...

Trail do Trega. Deporte e a natureza mestúranse un ano máis no marco incomparable do Monte Trega da Guarda

Trail do Trega. Deporte e a natureza mestúranse un ano máis no marco incomparable do Monte do Trega da GuardaA Casa dos Alonso acolleu hoxe a presentación da VII edición do Trail do Trega, terceira e última proba da Pontevedra Trail League e na que Julia Vaquero será a madriña.

No acto de presentación aos medios de comunicación estiveron presentes Antonio Lomba Baz, alcalde da Guarda; Montserrat Magallanes, concelleira de Deportes; Gorka Gómez, Deputado provincial de Deportes e Serafín Acevedo, organizador da proba deportiva.

Montserrat Magallanes asegurou na súa intervención que, malia que son tempos complicados, o Concello da Guarda estivo traballando arreo para poder sacar este evento deportivo adiante con todas as medidas de seguridade e protocolos sanitarios pola Covid-19, sendo esta un icono de todas as probas que se desenvolven ao longo do ano na vila, mesturando o deporte e a natureza nun marco incomparable como é o Monte de Santa Trega.

Serafín Acevedo indicou que as saídas realizaranse por quendas de 10 deportistas e separadas entre si por 30 segundos, con separacións de 3 metros cada un e en grupos de similares características físicas e competitivas para evitar adiantamentos e aglomeracións, con avituallamentos individualizados

Gorka Gómez resaltou a importancia dos concellos, institucións e empresas que dan o paso nestes momentos para a realización de eventos, ofertando á cidadanía espazos onde poder facer deporte e dun xeito seguro e ao aire libre.

Antonio Lomba agradeceu o apoio da Deputación de Pontevedra, indicando que, aínda que son malos tempos para a cultura e para o deporte, esta competición se realiza cun estrito protocolo para garantir as medidas sanitarias, con máis de 300 participantes entre o Trail e a Andaina. O edil ampliou que a xente ten gañas de facer deporte e de competir, agardando que todo saia ben para poder continuar organizando probas tan emblemáticas coma a que chega este domingo ao Monte Santa Trega.

O domingo día 11 de outubro o Trail do Trega chega á súa sétima edición con 14km de percorrido e preto de 800m de desnivel. Debido a pandemia da COVID 19, estará limitada a 300 prazas(prazas cubertas) e as saídas serán de 10 atletas cada 30 segundos. A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega. A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación. A proba arranca ás 10:30h dende a Alameda da Guarda.
Así mesmo, se organizará unha andaina guiada de 10 km e con 500 metros de desnivel LIMITE de 100 participantes, que sairá ás 10:00h dende a Alameda da Guarda.

Máis info: http://www.traildotrega.com/

- Publicidade -spot_img