Inicio Vigo e área Mos A saída dunha das etapas de La Vuelta desde Mos, unha oportunidade...

A saída dunha das etapas de La Vuelta desde Mos, unha oportunidade para visibilizar o Camiño Portugués

A saída dunha das etapas de La Vuelta desde Mos, unha oportunidade para visibilizar o Camiño PortuguésO Pazo de Mos acolleu a presentación da nova saída e actividades relacionadas con “La Vuelta” ciclista. Presentaron o acto Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos; Javier Guillén, Director de “La Vuelta”; Óscar Pereiro, Embaixador de “La Vuelta – Mos” e Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia.

Na rolda de prensa, o Director de “La Vuelta” Javier Guillén expuxo as novidades do cambio de data, os municipios participantes e deu a información sobre o percorrido da 15ª etapa. Nidia Arévalo pola súa parte, presentou as actividades previas á saída do 5 de novembro relacionadas co eido musical, artístico, educativo, cultural e deportivo do Concello de Mos.

Durante a presentación do programa de actividades que o Concello de Mos ten previsto desenvolver co gallo da celebración desta etapa en terras mosenses, a directora de Tursimo de Galicia lembrou os fondos vencellos que unen Mos co Camiño de Santiago e destacou que a celebración desta importante proba deportiva é tamén unha oportunidade para visibilizar o Camiño Portugués fronte as multitudinarias audiencias que reúne a retransmisión desta proba deportiva.

La Vuelta Ciclista a España, que se disputará entre o 20 de outubro e o 8 de novembro, pasará polas catro provincias galegas ao longo de tres etapas: a 13ª entre Muros e o Mirador do Ézaro, a 14ª na que rodarán na Ribeira Sacra, entre Lugo e Ourense, e a 15ª que sairá de Mos en dirección a Puebla de Sanabria.

A saída dunha das etapas de La Vuelta desde Mos, unha oportunidade para visibilizar o Camiño Portugués

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies