spot_img
InicioO MorrazoMarínO Consello Municipal da Muller de Marín prepara xa as accións coas...

O Consello Municipal da Muller de Marín prepara xa as accións coas que conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero

O Consello Municipal da Muller de Marín prepara xa as accións coas que conmemorar o Día Contra a Violencia de XéneroA declaración institucional deste ano tratará de evidenciar como a pandemia e as súas consecuencias afecta máis ás mulleres.

O Salón de Plenos do Concello acolleu esta mañá a reunión do Consello Municipal da Muller,
presidida pola concelleira de Igualdade e Benestar Social, Marián Sanmartín, xunto coa concelleira Mónica Viqueira. No Consello tamén está presente o persoal técnico do departamento de Servizos Sociais do Concello, do CIM de Marín, así como representates das asociacións de mulleres ou con vocalía de muller e dos sindicatos e representantes dos partidos políticos da Corporación municipal. O tema principal que se tratou na reunión, e que xa foi abordado recentemente na última Mesa de Traballo Contra a Violencia de Xénero, foi a próxima conmemoración do 25 de novembro.

A crise sanitaria que estamos a vivir impactou especialmente nas mulleres. Esa será unha das ideas que vertebre a declaración institucional que se elaborará e á que se lle fixeron hoxe varias achegas. Nesta declaración farase especial fincapé nas medidas de conciliación familiar e laboral, que afectan especialmente ás mulleres. Tamén se incluirá unha parte na que tratar a enorme problemática das mulleres prostituidas e vítimas da trata, que, como colectivos vulnerables, tamén están aínda máis afectadas pola situación que se está a vivir na actualidade.

En xeral, no Consello tamén se abordou como serán os actos o propio día 25N, xa que debido ás restricións sanitarias non será posible facelo como todos os anos. Deste xeito, acordouse que haberá un especial traballo cos centros educativos e realizarse algún tipo de acción de visibilización exterior, nas que se contará coas aportacións de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Por outra banda, intensificaranse as accións de divulgación e concienciación a través dos medios telemáticos, especialmente as redes sociais.

Premios Lazo Violeta
Como todos os anos, a conmemoración do 25N na nosa vila leva parella a entrega dos Premios Lazo Violeta, outorgados a aquelas persoas ou institucións que traballan en prol da igualdade e especialmente contra a violencia de xénero.

Durante o Consello, avaliáronse varias candidaturas e chegouse ao acordo de que se artellará unha
proposta que englobe a toda a cadea de servizos esencias que traballan na loita contra a violencia de
xénero e que foron especialmente imprescindibles durante a época do confinamento

- Publicidade -spot_img