Inicio Pontevedra Baixo Miño Tomiño traballa nun plan de accesibilidade para persoas con autismo

Tomiño traballa nun plan de accesibilidade para persoas con autismo

Tomiño traballa nun plan de accesibilidade para persoas con autismo

En Tomiño, as persoas afectadas por este trastorno ascenden a 13, que están diagnosticadas, pero se calcula que hai bastantes máis. Hoxe a alcaldesa desta vila do Baixo Miño, mantivo unha primeira renión coa Federación Autismo Galicia e a Asociación Un Más.

O Concello de Tomiño traballa nun plan de accesibilidade para persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA). Trátase, concretamente, de confeccionar un plan de comunicación a través de pictogramas (debuxos sinxelos e esquemáticos descritivos da realidade) que se levará a cabo en todos os colexios de Educación Primaria e Infantil do municipio.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polo concelleiro de Medio Rural, mantivo unha primeira reunión con representantes da Federación Autismo Galicia e de Un Máis. Asociación de pais, familiares e amigos de persoas con TEA do Baixo Miño, impulsora da iniciativa na comarca.

Na xuntanza, expuxéronse as características do proxecto, que ten coma obxectivo que as persoas con TEA poidan facer uso das instalación educativas do municipio “dun xeito máis igualitario e autónomo, xa que comprenderán mellor o seu funcionamento”.

Ao mesmo tempo quen non ten este trastorno, coñecerá un sistema alternativo de comunicación, sensibilizándose coa causa, e outros colectivos (persoas con discapacidade intelectual, problemas da linguaxe, da visión ou estranxeiras) atoparán nos pictogramas unha valiosa axuda.

A partir de agora, membros da Asociación Un Máis comezarán a visitar os diferentes centros educativos para realizar a valoración dos espazos. Seguidamente, farán chegar ao Concello unha proposta de sinalización que, de ser aprobada, enviarase á imprenta, procedendo por último, á colocación dos pictogramas en cada un dos colexios.

A Federación Autismo Galicia, leva realizadas múltiples intervencións deste tipo nunha decena de concellos galegos, estando pendentes outros catro para a colocación de pictogramas en diferentes edificios locais. Asemade, leváronse a cabo actuacións nos hospitais Álvaro Cunqueiro de Vigo, Universitario de Ourense e Clínico Universitario de Santiago de Compostela, entre outros.

En Galicia estímanse máis de 1.300 casos de TEA na poboación infantil e adolescente, e en España uns 50.000.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies