spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA actividade formativa 'DepoApicultura' chega A Guarda como fonte de emprego rural

A actividade formativa ‘DepoApicultura’ chega A Guarda como fonte de emprego rural

DA Deputación de Pontevedra ven de lanzar a actividade DepoApicultura, co obxectivo de capacitar as persoas interesadas na posta en marcha e mantemento dunha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións produtivas e fomentando novas vías de xestión e comercialización mediante o emprego de novas tecnoloxías.

En total impartiranse 12 accións formativas presenciais e mixtas en zonas rurais da Rede Natura, polo que A Guarda entra dentro deste ámbito xeográfico.

Principalmente está destinado a persoas desempregadas, unha acción totalmente de balde grazas ao cofinanciamento do FSE para conseguir formación  e un emprego de calidade. As inscricións poden formalizarse a través do enderezo electrónico depoapicultura@depo.es ou no teléfono 886 210 725.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.