spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda mellora a sinalización de 15 monumentos e fitos históricos

A Guarda mellora a sinalización de 15 monumentos e fitos históricos

A Guarda ven de instalar 15 paneis informativos con fotografías e informacións de interese sobre monumentos e fitos históricos da vila grazas a unha subvención con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Esta actuación contou cun orzamento de 13,612,50€ para a posta en valor dos elementos e fitos históricos con paneis  de 30x20cm que amosan fotografías, planos e textos sobre cada un deles, ademais dun código QR no que se pode acceder a unha páxina web na que ampliar máis información en varios idiomas, así coma fotografías panorámicas en 360º.

En total os paneis atópanse na Igrexa de Santa María, a Torre do Reló, a Igrexa Convento de San Bieito, o Manómetro Barométrico, a Capela de San Caetano, a Capela da Guía, a Capela de Santa Trega, a Igrexa da Nosa Señora da Visitación de Camposancos, o Cruceiro Pinto, a Capela de San Roque, a Igrexa de San Lourenzo de Salcidos, a Capela da Nosa Señora das Mercedes da Gándara, a Muralla Medieval da rúa Baixo Muro, a Muralla Medieval da rúa Ireira e a Praza San Marcos (Hospital).

No traballo de recopilación de informacións e fotografías contouse coa participación do becario de arquivo, da Concellería de Patrimonio, así coma de particulares que cederon material que é agora visible e do que pode gozar toda a cidadanía guardesa e visitantes

A Guarda mellora a sinalización de 15 monumentos e fitos históricos
- Publicidade -spot_img