Tomiño segue a apostar pola promoción dos seus grupos musicais e pon en marcha o Circuíto Cultural 2018

 

un-ano-mais-tomino-aposta-pola-promocion-dos-seus-grupos-musicais-e-pon-en-funcionamento-o-circuito-cultural-2017O Concello de Tomiño segue a apostar pola promoción dos seus grupos musicais. Por este motivo, un ano máis, o goberno municipal vén de aprobar as bases para a participación no Circuíto Cultural 2018, co que se busca fomentar dentro do termo municipal as actuacións de grupos tomiñeses relacionados coa música folclórica galega.

Deste xeito o Concello abre o prazo para que bandas de música, corais, bandas de gaitas, treboadas, pandereteiras, murgas ou charangas e grupos de acordeóns se inscriban nunha nova edición do Circuíto Cultural. “Cada ano investimos máis de 14.000 euros neste programa de subvencións para dinamizar a actividade musical no concello, facendo que todos os grupos do municipio realicen actuacións ao longo do ano en todas as parroquias”, explica a concelleira de Cultura e Servizos Sociais, Ana Cristina Martínez, quen asegura que se trata dun programa “moi ben acollido” por grupos, asociacións e entidades.

Os interesados poderán presentar as solicitudes ata o 1 de decembro de 2018 no Rexistro Xeral do concello, na Praza do Seixo, polo menos 30 días antes da data de actuación solicitada. Nos últimos anos rexistráronse máis dun centenar de solicitudes adscritas a este circuíto, beneficiando tanto aos grupos como ás comisións de festas e entidades organizadoras, “para quen participar neste programa supón un aforro”.

Dende o Concello de Tomiño “a cultura enténdese como unha práctica social, construída no diálogo e na comunidade. Os cidadáns son máis que meros espectadores e consumidores da oferta, son actores da acción e participan na creación cultural, onde a Administración local comparte responsabilidades, fomentando o pluralismo e a interculturalidade”.

Como recollen as bases de participación no Circuíto Cultural 2018, xa publicadas na web do concello e no Taboleiro de Edictos, “a creación e interpretación da música tradicional é un ben inmaterial que coñecemos, desfrutamos e é necesario coidar. Asumimos como responsabilidade impulsar a creación de ovas agrupacións relacionadas co folclore musical local ofrecendo unha liña de axudas que permita o descubrimento e contratación das mesmas”.

Pode consultarse as bases e o modelo de solicitude no seguinte enlace:
http://tomino.gal/wp-content/uploads/2018/01/Bases-circuito-cultural-Tomiño-2018.pdf

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies