Coas choivas rexistradas nos últimos días e tras un mes de decembro tamén chuvioso, pódese dar por resolto o problema de seca que estaba a vivir o encoro de Baiña. Así o confirman desde o Concello de Baiona.Durante a mañá de onte o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, xunto a Concelleira de Medio Ambiente, María Iglesias, visitaron o encoro e comprobaron in situ que o mesmo nestes momentos atópase ao 100 % da súa capacidade, é dicir con 700.000 m3.
Rodal recalca que non debemos esquecer en facer un consumo responsable e óptimo da auga por parte de todos os cidadáns, co fin de que poder garantir o abastecemento en caso de novos episodios de falta de auga. Así mesmo, sinalou, que aínda que actualmente está garantido o suministro, debido ao cambio climático vivido nos últimos anos as probabilidades de que un episodio parecido poida repertirse é moi probable polo que buscase xunto con Augas de Galicia alternativas que favorezan unha solución a longo prazo.



