Inicio Baixo Miño Tomiño retira máis de 60 niños de vespa velutina durante o verán

Tomiño retira máis de 60 niños de vespa velutina durante o verán

tomino-retira-mais-de-60-ninos-de-vespa-velutina-durante-o-veran

So entre os meses de xuño e agosto de 2016, o Concello de Tomiño retirou polos seus propios medios, un total de 62 niños de vespa velutina nas distintas parroquias do municipio.

No mes de setembro a veciñanza continúa demandando a axuda do Concello, polo que a actividade é permanente. De feito, Tomiño é un dos municipios galegos que figuran entre os máis afectados por este insecto invasor, que ameaza as cólmenas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e mermando o importante papel polinizador que teñen as abellas.

Tomiño centro foi este verán, con 24 casos en diferentes barrios, a parroquia máis afectada pola vespa asiática, seguida de Taborda, Sobrada, Goián e Forcadela, entre outras.

O Concello tivo que empregarse a fondo para poder retirar esta gran cantidade de niños, utilizando persoal municipal e de Protección Civil; unha grúa e outra maquinaria dispoñible, tendo incluso que adquirir dous traxes especiais para esta tarefas, unha pértega con bomba e os produtos necesarios para a eliminación dos niños, cun gasto elevado (máis de 2000 euros) para ser asumido en solitario polas arcas municipais.

O concelleiro de Medio Rural, Lois Vázquez, explica que A Consellería de Medio Rural solicitou nun primeiro momento, a colaboración do ente municipal, desentendéndose logo de toda responsabilidade. “Os veciños e veciñas chaman ao 112 e se lles remite directamente ao Concello”, comenta o edil, lembrando que este insecto invasor orixinario do Norte da India, é un grande inimigo non so das abellas, senón tamén doutras especies de insectos polinizadores, poñendo ademais en perigo a diversidade de especies e a produción agraria (especialmente de froitas); sector este moi importante na economía do municipio.

Segundo o concelleiro de Medio Rural de Tomiño, a situación actual foi comunicada xa á Xunta de Galicia, sen que até o momento, esta se fixera cargo da eliminación dos niños, ou alo menos, dos gastos ocasionados polos traballos realizados.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies