spot_img
InicioAlto MinhoEsta fin de semana andainas polo Camiño Portugués na Eurocidade

Esta fin de semana andainas polo Camiño Portugués na Eurocidade

esta-fin-de-semana-andainas-polo-camino-portugues-na-eurocidadeO sábado 24 e o domingo 25 de setembro, se realizarán dúas andainas do Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade, o “Camiño Portugués”, nas súas etapas polos municipios de Valença e Tui.

Así, o sábado 24, ás 09.00 horas españolas, os participantes sairán en autobús ata a localidade de Paredes de Coura, para percorrer unha distancia aproximada de 16 quilómetros ata Valença.

O domingo 25, ás 10.00 horas españolas, a andaina sairá dende a piscina municipal de Valença, para rematar no límite co Porriño, percorrendo una distancia de 15 quilómetros.

Como nas andainas anteriores, é necesaria a inscrición previa, a través do enderezo electrónica caminhadas.andainas@gmail.com / celtasdominho@gmail.com /
clubandatui@gmail.com, cun custe de cada andaina de 5€ por persoa e de 3€ para menores de 12 anos, sendo o día límite de inscrición o día 23 de setembro.

Toda a información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.

- Publicidade -spot_img