Inicio Pontevedra “En ruta coa Depo” arrancou esta semana cunha participación de preto de...

“En ruta coa Depo” arrancou esta semana cunha participación de preto de 300 persoas

en-ruta-coa-depo-arrancou-esta-semana-cunha-participacion-de-preto-de-300-persoas

O programa, no que participarán preto de 19.000 persoas, ofrece alternativas de lecer dinámico e saudable á vez que fomenta a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional

 “En ruta coa Depo”, programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do servizo de Cohesión Social e Xuventude, arrancou esta semana cunha participación de preto de 300 persoas pertencentes a asociacións dos concellos de Vigo, Poio e Mos. En concreto, beneficiáronse da primeira saída a Asociación de Mulleres Dorna (Vigo), a AA.VV. Cultural e Deportiva de Lourido (Poio), a Asociación de Amas de Casa Agarimo (Vigo) e a Asociación de Vecinos San Mamed de Torroso (Mos).

Na primeira saída de “En ruta coa Depo” a Asociación de Mulleres Dorna (Vigo) visitou Catoira e a súa contorna natural, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; a Asociación Cultural e Deportiva de Lourido (Poio) viaxou ata a illa de San Simón e Redondela; a Asociación de Amas de Casa “Agarimo” (Vigo) percorreu O Grove e a Ría de Arousa e a Asociación de Vecinos San Mamed de Torroso (Mos) foi ata as Illas Cíes e percorreu o casco vello de Vigo e o barrio mariñeiro do Berbés.

“En ruta coa Depo” conta cun orzamento de 238.500 € e ten como finalidade mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra a través da promoción da igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, ofrecendo alternativas de ocio e tempo de lecer dinámico e saudable á poboación xuvenil da provincia así como o asociacionismo xuvenil e, ademais, promovendo rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente as nenas e nenos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies