spot_img
InicioPontevedra e ÁreaDeputación de Pontevedra e Fomento manterán unha reunión o luns en Madrid...

Deputación de Pontevedra e Fomento manterán unha reunión o luns en Madrid para desbloquear o protocolo dos 18 castros da provincia

deputacion-de-pontevedra-e-fomento-manteran-unha-reunion-o-luns-en-madrid-para-desbloquear-o-protocolo-dos-18-castros-da-provincia

A Presidenta da Deputación adiantou que a Deputación proporá ao Ministerio a sinatura dun convenio, “que sexa unha obriga total e absoluta por parte das dúas Administracións”

Silva, manifestou esta mañá que agarda que o vindeiro luns, nunha reunión en Madrid entre técnicos da Deputación e do Ministerio, se poida pechar a actual situación de bloqueo por parte de Fomento con respecto ás súas obrigas no protocolo para a posta en valor dos 18 castros da provincia.

“Produto das cartas que lle remitimos, temos conseguido que o luns haxa en Madrid unha reunión para avanzar e pechar esta situación”, indicou a Presidenta. Carmela Silva manifestou que o seu obxectivo é seguir cos traballos previstos e co calendario establecido para os 18 xacementos nos que hai que actuar “e que Fomento inicie xa as súas obrigas con respecto ao protocolo asinado”.

A Presidenta agarda que, despois do luns, Fomento actúe de inmediato e cumpra coas súas responsabilidades recollidas no protocolo. O documento recolle a realización de tarefas de escavación en seis dos castros e labores de limpeza noutros doce por parte da Deputación, mentres que Fomento se encarga, unha vez rematados os traballos da institución provincial, da musealización, consolidación, restauración, accesibilidade e sinalización.

Silva lembrou que a Deputación está cumprindo rigorosamente coas súas obrigas, pero non así dende Madrid. “Eu xa amosei a miña preocupación, aínda que agora estou convencida de que esta situación cambiará a partir do luns”. Carmela Silva engadiu ademais que, como o que existía era un protocolo, “tamén plantexamos a Fomento que asinemos un convenio que sexa xa unha obriga total e absoluta por parte das dúas administracións”. Explicou que o primordial é “poder continuar cun proxecto tan relevante para a provincia, co que estamos totalmente volcados e que está dando tanta información e tantos descubrimentos da nosa historia”.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.