spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Carabela Boa Esperança fai unha parada técnica en Baiona

A Carabela Boa Esperança fai unha parada técnica en Baiona

A Carabela Pinta compartiu esta tarde protagonismo en Baiona cunha nave de características semellante, a Carabela Boa Esperança, un dos barcos máis emblemáticos da historia de Portugal. 

A carabela lusa fixo unha parada técnica na real vila na súa viaxe cara ao porto da Coruña onde estará atracada ata o próximo 7 de outubro e de onde partirá novamente cara a terras baionesas.

Grazas ás xestións levados a cabo desde a Concellería de Actividades Marítimas, á fronte de Raúl Costas Lafuente, quen ten colaborado activamente coa fundación Nave Vitoria, os veciños da vila poderán visitar de forma gratuíta do 8 ao 18 de outubro a réplica do navío co que os mariños portugueses lograron no século XV dobrar o cabo Boa Esperanza, o mítico cabo das Tormentas, e abrir a ruta cara ao Oriente.

Os baioneses poderán conmemorar desde as súas cubertas unha das grandes xestas marítimas protagonizadas por españois e portugueses: a primeira Volta ao Mundo. Unha fazaña liderada por mariños de ambos os países, Magallanes e Elcano, e conseguida grazas á pericia dos homes de mar de ambas as nacións. Este proxecto transfronteirizo hai pouco menos de 500 anos logrou a primeira circunnavegación da terra.

Non será a primeira vez que ao porto de Baiona arribe unha gran embarcación. Por todos é sabido que fai 522 chegou á real vila a Carabela Pinta coa noticia do descubrimento, xa antes da gran xesta miles de embarcacións atracaron no seu porto.

Desde a Concellería de Actividades Marítimas do Concello de Baiona sempre se loitou por manter vivo ese lazo mariñeiro inherente aos baioneses. Por iso loitouse por traer ata terras baionesas grandes embarcacións para goce de todos, como o Juan Sebastián Elcano, a Nave Vitoria ou o buque escola Saltillo. Agora tócalle a quenda Carabela Boa Esperança, que seguro non deixará indiferente a ninguén.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.