Inicio Baixo Miño Tomiño recupera a Aula Aberta do Río Furnia instalando novos paneis explicativos...

Tomiño recupera a Aula Aberta do Río Furnia instalando novos paneis explicativos en galego

tomino-recupera-aula-aberta-do-rio-furnia-instalando-novos-paneis-explicativos-galegoAula Aberta conta con 2 kilómetros de percorrido (ida e volta), de dificultade baixa, ao longo dos que poden atoparse máis de 20 especies de árbores e arbustos e 60 de pequenas plantas

Tomiño instala novos paneis explicativos, na Aula Aberta da Natureza do Río Furnia, afluente do Miño que conta cun dos ecosistemas máis representativos de Galicia.

Os novos paneis que guiarán ao visitante, incorporan elementos naturais e etnográficos e están elaborados integramente en lingua galega, có apoio da Deputación de Pontevedra, a través dun programa de subvencións para a dinamización da lingua.

A Aula aberta do Río Furnia conta con 2 kilómetros de percorrido (ida e volta), de dificultade baixa, ao longo dos que poden atoparse máis de 20 especies de árbores e arbustos e 60 de pequenas plantas e fentos. Ademais, reúne elementos etnográficos de gran valor histórico, como son antigas pontes, muíños fariñeiros e levadas.

“O Concello de Tomiño considera de gran importancia ter unha Aula Aberta que a través de paneis explicativos, axude a coñecer e valorar o ecosistema e biodiversidade existente ao redor dos nosos ríos”, explica Mª Xosé Vázquez, delegada municipal de Medio Ambiente.

Con tal fin, a concelleira, acompañada de Xosé María Regueiro, ex-concelleiro e gran coñecedor do patrimonio natural e etnográfico da zona, ofreceu hai uns días, unha charla explicativa con proxección dun vídeo, comentando as características da ruta e da intervención realizada.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies