spot_img
InicioBaixo MiñoA Agrupación Musical do Rosal participa no Certamen Internacional de Bandas de...

A Agrupación Musical do Rosal participa no Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia

Despois de 13 anos sen acudir a este certame, esta agrupación considerou que xa era tempo dabondo de espera, e que tiñan que volver a participar. Aínda que acudir a unha cita como esta supón moitos esforzos (musical, organizativo, económico e persoal). 

O motivo máis relevante que lles animou a presentarse a un concurso desta categoría é comprobar a mellora e o progreso que se reflexa no nivel musical da banda, debido a intensificación de ensaios, ó traballo en grupo, e tamén, por suposto, o estudio individual que ten que realizar os músicos para tocar obras de gran dificultade.

Outro dos motivos é ter a oportunidade de actuar nun dos escenarios de máis relevancia a nivel nacional como é o Palau da Música de Valencia, un dos auditorios máis importantes da península, e poder tocar ó lado de prestixiosas bandas que contan cun elevado nivel e con moita máis tradición musical e cultural que a do Rosal.

Nesta ocasión a banda participará na Sección Primeira, destinada a bandas de ata 110 compoñentes. Competiran con outras dúas bandas de renome como son a Societat Musical “La Primitiva” de Rafelbunyol (Valencia) e a Unión Musical Cartagonova (Murcia); sendo nesta ocasión a única banda galega que participará no evento.

Dende que a finais do mes de febreiro resultaron elixidos para participar no certame, teñen anotado na súa axenda e sobre todo nas suas cabezas o 22 de xullo como unha das datas máis importantes na historia da Agrupación Musical do Rosal. Meses e meses de ensaios sen parar que rematarán ese día no Palau da Música, onde tentarán facelo o mellor po​sible e para regresar cun bo sabor de boca e sentíndose orgullosos do traballo realizado durante todo este tempo de preparación.

Pero antes de chegar a esa meta, queren convidarnos ao último concerto de preparación que realizarán no Rosal. O concerto Pre-Certame terá lugar o vindeiro domingo 16 de xullo, ás 19:30 horas no Auditorio do Rosal. O programa que interpretarán será o repertorio do día do certame, na mesma orde. Comezando co pasodobre “Sombras y Luces” de Santiago Quinto Serna, a continuación tocarán a obra obrigada proposta pola organización “Everest” de Jordi Peiró  e finalizarán coa obra libre que escolleron para esta ocasión, “Homenaje a Joaquín Sorolla” de Bernardo Adam Ferrero.

www.agrupacionmusicaldorosal.com

- Publicidade -spot_img