Inicio Baixo Miño O Festival Internacional de Instrumentos de Tecla ofrecerá masterclases e concertos en...

O Festival Internacional de Instrumentos de Tecla ofrecerá masterclases e concertos en lugares emblemáticos da Eurocidade Tui-Valença

festival-internacional-instrumentos-tecla-ofrecera-masterclases-e-concertos-lugares-emblematicos-da-eurocidade-tui-valencaA inauguración terá coma escenario a vella ponte internacional entre Tui e Valença do Miño, con tres horas de música en directo con Best Boy, Abe Rábade e Javier Otero e dez pianos simultáneos.

Do 21 ao 25 de xullo a Eurocidade Tui-Valença acollerá a quinta edición do IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla que ofrecerá masterclases e concertos en lugares tan emblemáticos coma a vella ponte internacional, a Catedral de Tui ou a fortaleza de Valença.

Este evento foi presentado esta mañá no Parador de Turismo San Telmo de Tui pola súa directora, Andrea González, acompañada polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, o deputado de Cultura, Xosé Leal, e o director da GNP AECT, Xosé Lago. Tamén estiveron presentes a concelleira de Cultura e o concelleiro da Eurocidade, María José González e Miguel Capón, respectivamente, así coma o vereador de Cultura de Valença, José Monte, entre outros.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientou que o IKFEM é un evento xa consolidado que ocupa un sitio privilexiado na Axenda da Eurocidade. Apuntou amais que se trata dun evento singular e especial pola súa temática, pola súa calidade musical e dos profesionais que interveñen no mesmo, así coma polo seu carácter transfronteirizo que lle da un plus. Pero tamén sinalou que este festival pon de relevo a riqueza cultural que hai entre dous pobos.

O presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, salientou os días de convivencia entre tudenses e valencianos, galegos e portugueses e visitantes que brinda o festival. Ao tempo que se referiu a que ano tras ano o IKFEM innova con novos músicos, instrumentos… e tamén con novos eventos. O deputado de Cultura, Xosé Leal, puxo en destaque coma eventos coma este festival fomentan unha cooperación real transfronteiriza e a cultura que nos une . Mentres Xosé Lago director da GNP- AECT, indicou que este festival é unha manifestación máis de que a cultura non separa pobo senón que os une.

Andrea González, directora do festival, foi a encargada de dar a coñecer os pormenores desta edición de 2017, especial por cumprirse o quinto aniversario deste festival que ten nos instrumentos de tecla o seu fío condutor. Precisamente unha das novidades é o feito de sacar o festival á rúa citando coma exemplo que serán os tres días do festival.

A xornada inaugural será o venres 21 de xullo cunha posta en escena única con tres horas de música en directo na vella Ponte Internacional de Tui-Valença, que esa xornada será cortada ao tráfico.  Tras o acto inaugural previsto para ás 20.30h será a quenda do grupo tudense Best Boy, a quen seguirá Abe Rábade e Javier Otero, e un concerto simultáneo de 10 pianos na vella Ponte Internacional. Mentres o sábado 22 e o domingo 23 serán dúas xornadas de música na Praça da República na Fortaleza de Valença con concertos a cargo de alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Academia da Fortaleza de Valença, amais de Miguel Campinho, Emilio Villalba e Sara Marina, Graciela Rodríguez e Daniel Pereira, amais dos propios alumnos do IKFEM,

A Catedral de Tui acollerá o concerto de Joao Vaz o domingo 23, e a Igrexa de San Domingos a Ignacio Prego o luns 24. O peche do festival, o martes 25, correrá a cargo de Carlos César Rodríguez. Todos os eventos teñen entrada libre até completar o aforamento.

Toda a información está accesible en www.ikfem.com.

PROGRAMACIÓN V IKFEM – Do 21 ao 25 de xullo

Venres 21 de xullo
Na vella Ponte Internacional Tui-Valença

  • Ás 20.30 h Inauguración
  • Ás 21.00 h Best Boy – Pop-indie-folk
  • Ás 22:00 h Abe Rábade & Javier Otero – Dúas visions a dous pianos
  • Ás 22.45 h 10 Pianos simultáneos

 

Sábado, 22 de xullo 

Na Praça da República (Fortaleza) – Valença

  • Ás 12:00 h Teclistas da Eurociudade. Alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Academia da Música de Valença
  • Ás 13.00 h Miguel Campinho – Viana da Mota e Óscar da Silva: luces e sombras do piano portugués no S. XX
  • Ás 17:00 h Emilio Villalba & Sara Marina – Concerto en familia: Amadís e o tesouro da música
  • Ás 18:15h Talentos IKFEM – Piano, lírico e jazz
  • Ás 23:00h Graciela Rodríguez & Daniel Pereira – Canción para sempre

Domingo, 23 de xullo

Na Praça da República (Fortaleza) – Valença

  • Ás 12:00 h Teclistas da Eurociudade. Alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Academia da Música de Valença
  • Ás 13:00h Emilio Villalba & Sara Marina – Máchina Antiqua: música, arte e inventos medievais
  • Ás 17:00 h Emilio Villalba & Sara Marina – Concerto en familia: Amadís e o tesouro da música
  • Ás 18:15h Talentos IKFEM – Piano, lírico e jazz

Na Catedral de Tui

  • Ás 22:00 h JOÃO VAZ – Tres séculos de música portuguesa para órgano

Luns, 24 de xullo

Na Igrexa de San Domingos, Tui

  • Ás 22:00 h Ignacio Prego – Noite barroca con Tiento Nuovo

Martes, 25 de xullo

Na Igrexa de San Domingos, Tui

  • Ás 22:00 h Carlos César Rodríguez – Recital Ibero-americano

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies