Inicio Pontevedra Baixo Miño Tomiño pon en marcha unha campaña para reducir os vertedoiros incontrolados

Tomiño pon en marcha unha campaña para reducir os vertedoiros incontrolados

Tomiño pon en marcha unha campaña para reducir os vertedoiros incontrolados O Concello de Tomiño pon en marcha unha campaña para reducir os vertedoiros incontrolados de mobles e electrodomésticos que proliferan durante o verán.

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, que dirixe Ana Belén Casaleiro, vén de por en marcha unha campaña de verán de recollida de voluminosos, co obxectivo de reducir o número de vertedoiros incontrolados que, sobre todo, en verán, proliferan nas proximidades dos colectores de residuos sólidos e de recollida selectiva.

Tomiño pon en marcha unha campaña para reducir os vertedoiros incontrolados Tras descubrir un aumento de casos, especialmente xunto aos colectores de lixo, a concelleira ve a necesidade de incidir na opinión pública a través dunha campaña específica de carteis, que se distribuirán nos puntos de información municipal (PIM) das parroquias e lugares concorridos, coma os mercados  municipais de Tomiño e Goián; Centro de Saúde, Centro de Día, Concello, etc.

“Con esta acción queremos concienciar á poboación de Tomiño da necesidade de coidar e manter limpo o noso municipio, lembrando que temos un servizo, de balde, que leva anos funcionando moi ben”, explica a concelleira. So é necesario chamar ao Concello (986 622 001) onde se indicarán os días que se fai a recollida de mobles (sofás, camas, cadeiras, etc.), electrodomésticos (lavadoras, frigoríficos, aspiradoras, microondas, secadoras, torradoras, televisores, etc.) e outros enseres voluminosos (colchóns, táboas, etc.).

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies