Inicio Pontevedra Baixo Miño Tomiño móllase polos ríos participando na limpeza simultánea impulsada por Adega

Tomiño móllase polos ríos participando na limpeza simultánea impulsada por Adega

Tomiño móllase polos ríos participando na limpeza simultánea impulsada por AdegaA actividade celebrarase o vindeiro domingo 29 de setembro, con saída ás 10.45 dende a Praza do Seixo e regreso ás 14.00 h.

Un ano máis, o Concello de Tomiño colabora coa limpeza simultánea de ríos impulsada por Adega ao abeiro Proxecto Ríos participando o vindeiro 29 de setembro nunha xornada de retirada de lixo da beira do río coa que se busca achegar un gran de area na conservación dos ecosistemas fluviais e concienciar á cidadanía. Baixo o lema ‘Móllate polos ríos’ a Concellería de Medio Ambiente organiza xunto coa OMIX de Tomiño unha actividade que contará coa colaboración do Centro Terapéutico Alborada e do CEP Pedro Caselles, que como cada ano adiantará a actividade ao venres 27 para que o alumnado do centro recolla lixo cunha andaina polas marxes do río Pego ao seu paso por unha zona próxima ao colexio do río Pego.

O punto de encontro da actividade será a Praza do Seixo (diante da porta do Concello), dende onde ás 10.45 h os voluntarios e voluntarias sairán camiñando cara o río da Pedra, aproveitando para retirar lixo polo camiño. Unha vez no río revisaranse as beiras e os arredores en busca de restos a limpar para estar de volta na Praza do Seixo ás 14.00 h. Dende o Concello están estudando a posibilidade de facer unha exposición co lixo atopado no posto informativo de compostaxe que se habilitará no Biomercado.

A actividade está aberta a todos os públicos. Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta recollida poden inscribirse en https://tomino.gal/limpeza-simultanea-de-rios-2019/, aínda que non é imprescindible. Recoméndase levar roupa cómoda para camiñar, protección solar e gorra e calzado para a auga ou de recambio por se se molla durante a actividade.

O Concello facilitará ás persoas participantes luvas, posibles pinchos para recoller lixo en sitios pouco accesibles, sacos plásticos ou capachos para o lixo e auga para os voluntarios e voluntarias.

Dende a concellería de Medio Ambiente anímase a todas e todos os tomiñeses a participar nesta actividade na que colaboran máis de 50 concellos de toda Galicia e coa que xa se conseguiu retirar miles de quilogramos de refugallos de moitos ríos galegos grazas as limpezas anteriores.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies