Inicio Pontevedra Acción simultánea da Deputación de Pontevedra para reivindicar a necesidade de apostar...

Acción simultánea da Deputación de Pontevedra para reivindicar a necesidade de apostar pola eficiencia enerxética

Unha acción simultánea da Deputación de Pontevedra, enmarcada na Semana Global de Acción polo Clima reivindica a necesidade de apostar pola eficiencia enerxética
A deputada de Transición Ecolóxica, Iria Lamas estivo en Porriño, onde mantivo un encontro con representantes municipais.

A actividade realizouse en Meaño, Poio e Porriño, onde a Deputación está a liderar un proxecto para a substitución de puntos de luz por luminarias LED

No marco da Semana Mundial de Acción polo Clima a Deputación de Pontevedra vén de realizar esta mañá unha acción simultánea centrada na eficiencia enerxética e protagonizada polas deputadas Olga García e Iria Lamas e os deputados Gregorio Agís e Santos Héctor Rodríguez. As deputadas e deputados provinciais visitaron á mesma hora os concellos de Meaño, Poio e O Porriño, onde a Deputación está a impulsar un proxecto para substituír puntos de luz por luminarias LED. Este proxecto, do que se beneficiarán un total de 43 concellos e conta cun orzamento total de catro millóns de euros, permitirá cambiar ata 7.519 puntos de luz que xerarán un aforro enerxético do 62%.

En total son 43 os concellos que se van beneficiar desta iniciativa que conta cun investimento de catro millóns de euros e permitirá cambiar 7.519 puntos de luz que xerarán un aforro enerxético do 62%

Para a presidenta da Deputación, “as administracións locais temos a obriga de impulsar medidas para frear a crise climática” e, por este motivo, a axenda medioambiental “trátase dunha política prioritaria” para o goberno provincial. Deste xeito, máis polo miúdo, o deputado de Cooperación, Santos Héctor Rodríguez, visitou xunto ao alcalde Carlos Vieitez o concello de Meaño onde se van substituír 315 luminarias, renovando as instalacións de alumeado e sinalización exterior, por LED que suporán un aforro enerxético no concello do 50%. En total investirase en Meaño preto de 100.000 €.

Pola súa banda, en Poio e xunto ao seu alcalde Luciano Sobral estiveron Gregorio Agís e Olga García. Neste concello vaise  realizar unha dobre actuación para mellorar a eficiencia enerxética: nos Bens de Interese Cultural e no alumeado exterior. Así, en total, vaise actuar substituíndo 369 luminarias por luces LED, que suporán un aforro enerxético do 72% no concello e un investimento de 126.000 euros.

No caso do Porriño, a deputada de Transición Ecolóxica, Iria Lamas mantivo un encontro con representantes municipais. Neste concello cambiaranse 146 luminarias, renovando as instalacións de alumeado e sinalización exterior, por luces LED que suporán un aforro enerxético do 65% e un investimento de máis de 98.000 euros.

Imprevistos de última hora impediron que o deputado Manuel González se desprazase ata Silleda, onde xunto ao alcalde Manuel Cuiña ían visitar as actuacións a desenvolver no concello no marco do proxecto de eficiencia enerxética. En Silleda o investimento ascende a preto de 100.000 euros, mediante os cales vanse substituír 205 luminarias por luces LED, xerando un  aforro enerxético do 62%.

En total, a través do proxecto de eficiencia enerxética, a Deputación de Pontevedra vai actuar en 43 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.  Deste xeito, a institución provincial está a promover entre os concellos as políticas de crecemento sostible en liña coa estratexia da Comisión Europea e do Estado de Transición Ecolóxica.

No marco desta iniciativa, aprobouse na última Xunta de Goberno o expediente para a adxudicación mediante procedemento aberto do servizo de asistencia técnica para a redacción de proxectos e dirección de obra da renovación da iluminación exterior. En total, este procedemento de contratación, que conta cun orzamento de 311.751,42 euros. Deste xeito, e trala sinatura dos convenios cos concellos que tivo lugar este verán, ponse en marcha xa esta actuación que permitirá substituír 7.510 puntos de luz en 43 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.

Ademais desta actuación, a Deputación de Pontevedra tamén ten en marcha outros dous proxectos centrados na substitución de caldeiras de combustible non renovable por caldeiras de  biomasa e o de renovación do alumeado público exterior en Bens de Interese Cultural. O primeiro deles, o de caldeiras de biomasa, ten un orzamento de 416.214 euros e beneficiará á Guarda, Mondariz, Portas, Caldas e Salvaterra de Miño, e o de alumeado dos BIC´s, con 130.000 euros de orzamento, realizarase en Salvaterra, Caldas, A Guarda, Meis, Poio, Vilanova e Baiona.

A acción simultánea centrada na eficiencia enerxética foi unha das iniciativas impulsadas pola Deputación de Pontevedra para hoxe dentro da programación prevista pola Deputación para esta Semana Mundial de Acción polo Clima. Xunto a ela, únese o traslado dos compromisos da Deputación ao enviado especial para o Cumio sobre a Acción Climática na ONU que se celebra tamén hoxe, entre os que figuran “a consecución dun nivel de calidade de aire seguro para a poboación da provincia de Pontevedra e a harmonización de políticas sobre cambio climático e contaminación do aire para 2030”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies