spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño enxalza a figura de Antonio Fernández no 141 aniversario do seu...

Tomiño enxalza a figura de Antonio Fernández no 141 aniversario do seu nacemento

Tomiño enxalza a figura de Antonio Fernández no 141 aniversario do seu nacementoO alumnado do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián reproduciu varios cadros do autor para conmemorar o seu legado

Cousas de revista nº16

Tomiño conmemora a figura e o legado de Antonio Fernández a través do mellor canle posible: a pintura. Este xoves, coincidindo co 141 aniversario do nacemento do artista goianés, os arredor de 150 alumnos e alumnas do CEIP Pintor Antonio Fernández prepararon unha interesante exposición composta polas reproducións que elas e eles mesmos fixeron nas aulas dalgúns cadros do autor tomiñés, honrando así a súa memoria e visibilizando o seu legado.

Con esta actividade, promovida pola Asociación Cultural Antonio Fernández coa total implicación da dirección e do alumnado do colexio e a colaboración do Concello de Tomiño, búscase “render un ano máis tributo a un dos personaxes tomiñeses máis insignes a través da ollada das xeracións do futuro, aquelas que manterán o seu legado e a súa historia viva”, explicou a alcaldesa, Sandra González, durante a visita á exposición.

Como salientou a rexedora, esta exposición supón “unha forma marabillosa de achegar a rapaces e rapazas á figura deste importante artista, pero tamén a todo o labor que desenvolveu e que transcendeu o puramente artístico, acadando tamén o antropolóxico e o filantrópico”. No acto tamén participaron membros da asociación cultural co nome do artista, membros do Goberno local e das fundacións dedicadas aos artistas Xavier Pousa e Xoán Piñeiro.

“Con esta iniciativa queremos involucrar a nenos e nenas dende a escola, espertar a súa curiosidade pola figura de Antonio Fernández e convertelos a todos e todas en futuros embaixadores da memoria e do legado do pintor”, destacou Mané Villa, presidente da asociación cultural. Villa resaltou que “emociónanos moito ver cobrar vida á obra deste grande artista, sobre todo no centro educativo que leva o seu nome e a carón da casa onde naceu, hoxe reconvertida nunha aula-museo na súa honra”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.