Inicio Baixo Miño Tomiño empraza as obras do II Simposium de Escultura no xardín do...

Tomiño empraza as obras do II Simposium de Escultura no xardín do Centro de Saúde

Dúas das obras do II Simposium Internacional de Escultura do Miño, organizado polos concellos de Tomiño e Cerveira, no pasado mes de outubro, están xa colocadas no seu sitio definitivo: o exterior do Centro de Saúde de Tomiño. A zona axardinada da parte dianteira do edificio conta, dende hai uns días, de dúas obras de arte de moito nivel, que realzan a instalación na súa totalidade.

As outras dúas creacións quedaron en Vila Nova de Cerveira

Trátase das esculturas en mármore dos artistas taiwaneses Lee, Zih-Cing e Teng e Shan-Chi (Taiwán), os que, coordinados polo artista luso Vítor Reis, e xunto a Fernando Pinto (Colombia) e Liliya Pobornikova (Bulgaria), formaron o grupo de escultores convidados a traballar nas súas obras durante tres semanas, á vista do público.

A parella taiwanesa Lee, Zih-Cing e Teng, Shan-Chi, elaborou as obras “Cycle password” e “Dragão”, respectivamente. Estas son as dúas que agora pasaron a formar parte do patrimonio artístico de Tomiño, como foran hai uns anos as do primeiro simposium, celebrado no Espazo Fortaleza, e que adornan na actualidade a remodelada Praza do Seixo.

Os catros artistas esculpiron as súas creacións en Vila Nova de Cerveira, fronte ao Baluarte de Santa Cruz, preto do río Miño e do parque do Castelinho.

Pobornikova, realizou a composición “Spring”, que xunto á obra de Pinto, “Puerta rosa”, quedou en Cerveira.

Moitas foron as persoas que durante tres semanas achegáronse para ver aos artistas crear as súas obras en grandes bloques de pedra, a maioría mármore, dos que foron sacando formas , volumes e figuras sorprendentes.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, salientaron no seu momento a importancia de “achegar a arte á rúa”, e lembraron que, tanto Cerveira coma Tomiño, son terras de artistas e comparten un patrimonio común.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies