spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorO Castelo de Soutomaior acolle o XVII Certame e Exposición da Camelia

O Castelo de Soutomaior acolle o XVII Certame e Exposición da Camelia

O Concello do Rosal unha vez máis traballa a favor da eliminación da violencia de xénero, implicando a sociedade en xeral mediante campañas de sensibilización e actividades de educación coas xeracións máis novas. Neste caso o concello colabora na organización da exposición “Cartas de Amor” cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade. O recinto elexido é o CPI Manuel Suárez Marquier, xa que unido á exposición hai unha charla obradoiro impartida por Gloria Isabel Serrato ao alumnado de 3º da ESO. Nos últimos anos detéctanse moitos casos de relacións de parellas entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal e incluso física. Na busca de solucións preventivas e co obxectivo de atallar este problema, a Secretaría Xeral da Igualdade puxo en marcha unha serie de accións encamiñadas a facer reflexionar aos e ás adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse. Con esta exposición, “Cartas de Amor”, preténdese establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella, e a crueldade que , ás veces vai asociada a elas. Para isto, fíxose unha proposta a debuxantes para que plasmasen nunha serie de situacións ou momentos que considerasen como violentos entre adolescentes, co obxectivo de por de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella. Deste xeito aquí están os traballos dos dous premios nacionais de lustración, Miguel Calatayud e de cómic Paco Roca, no ano 2009; así como figuras galegas como Patricia Castelao, Pirusca, David Pintor e Óscar Villán. Tamén participan autoras e autores que están acadando grande éxito entre a xente máis nova como Eva Vázquez, Javier Olivares, Primitivo, Sonia Pulido, Jack Mircala ou Sergi San Julián. Ademáis o escultor Méndez, a escritora Anxos Sumai e o deseñador Fausto, únense a esta mostra con tres achegas diferentes.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura, Dores Cernadas, presentaron esta mañá no Castelo de Soutomaior a XVII edición do Certame da Camelia que se celebra este fin de semana.

O Castelo de Soutomaior, coa súa gran colección de exemplares desta olorosa e apreciada flor, converterase un ano máis no escenario perfecto para un festival referencia na. Máis de 40 expositores xa teñen confirmada a súa asistencia ademais das composicións florais que se poderán gozar en diversos escaparates en Arcade e Soutomaior.

Máis de cen metros cadrados de composicións florais coas variedades máis buscadas encherán as salas do Castelo de Soutomaior. Este ano a mostra contará con máis de 20 expositores locais e 25 doutros municipios como Salceda ou Vilagarcía de Arousa, superando así as 45 composicións florais e confirmando o éxito de participación desta edición.

Os alumnos dos colexios Santiago Apostol e a Escola de Romariz de Soutomaior tamén competirán este ano coas súas exposicións coa beleza e orixinalidade cos escaparates de varios comercios locais, adornados con esta fermosa flor típica de Galicia.

O Certame da Camelia é un dos fins de semana máis esperados do ano para os afeccionados á xardinería e a floricultura ao que tradicionalmente asisten máis de mil persoas. A exposición poderase visitar a partir do sábado pola tarde e durante toda a xornada do domingo e constitúe unha magnífica oportunidade para gozar dos xardíns de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior.

A mostra poderase visitar durante todo o fin de semana. O sábado o horario da exposición será de 16:00 a 20:00 horas mentres que o domingo a mostra estará aberta desde as dez da mañá. O xurado está formado por membros da Asociación Española da Camelia e o seu fallo e a entrega de premios terá lugar ás 18:00 horas do domingo. Esta edición conta con varias clases de premios. As categorías da mellor Flor, a Mellor Composición Artística e o Mellor Traballo Escolar contarán con trofeos para as tres mellores propostas. Ademais haberá premios para os dous mellores concursantes nas disciplinas de Mellor Flor en Escaparate e Mellor Composición Artística en Escaparate e o Premio Especial Lelita Gradín, en honra á creadora orixinal do certame. Os triunfadores en cada categoría recibirán un exclusivo exemplar desta apreciada especie floral. No caso dos traballos escolares, os premios incluirán un lote de libros para nenos.
Desde o Concello de Soutomaior destácase a colaboración prestada pola Deputación de Pontevedra para a celebración do certame mediante a cesión do recinto do Castill. Do mesmo xeito, agradecer o magnífico traballo realizado polos traballadores do parque do Castelo en colaboración con empregados municipais na montaxe dos expositores.

- Publicidade -spot_img