spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño e Tui unidos por unha gran senda fluvial no Miño

Tomiño e Tui unidos por unha gran senda fluvial no Miño

tomino-e-tui-unidos-por-unha-gran-senda-fluvial-no-mino

Os rexedores de Tomiño e Tui presentaron hoxe  a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio un proxecto para crear unha gran senda fluvial ao borde do río Miño

O proxecto, cun investimento estimado de 1.600.000 euros, prevé a creación dunha senda natural de 16 km. de extensión, que uniría os concellos de Tui e Tomiño, pola ribeira do Miño

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, reuniuse hoxe co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Na xuntanza, os rexedores locais presentaron un proxecto para crear unha gran senda fluvial ao borde do río Miño. Mato, pola súa banda, agradeceu a iniciativa dos alcaldes e comprometeuse a estudar a colaboración por parte do departamento autonómico.

A alcaldesa de Tomiño salientou que “este proxecto vai máis aló dos nosos concellos, porque enlazaría coas sendas que xa existen en O Rosal e mesmo en Goián (Tomiño), así coma coas de Vila Nova de Cerveira (Portugal), o que permitiría un percorrido internacional nun mesmo espazo natural con altos valores ambientais”.

O alcalde de Tui, pola súa banda, cualificou o proxecto coma “unha aposta turística estratéxica e determinante para o futuro da comarca”.

- Publicidade -spot_img